Pradairo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Ignlg (conversa | contribucións)
m Pequenos erros da sintaxe
Liña 30:
As [[folla]]s da meirande parte das especies son palmadas, venadas e lobuladas, con 3 a 9 veas cada unha orientada cara un lóbulo, un dos cales é o central. Varias especies son trifoliadas: ''Acer griseum'', ''Acer mandshuricum'', ''Acer maximowiczianum'' e ''Acer triflorum''. ''Acer negundo'' ten follas pinnadas compostas, que poden ser simplemente trifoliadas ou con 5 a 7 (raramente 9) folliñs. ''Acer carpinifolium'' ten follas simples pinnadas e venosas que lembran aos dos [[carpe]]s.
 
Os pradairos florecen a finais do inverno ou principios da primavera, na maioría das especies ao mesmo tempo de apareceren as follas ou xusto despois, nalgunasnalgunhas incluso antes de estasdestas. As flores son pequenas e inconspícuas, posúanposúen cinco [[sépalo]]s, cinco [[pétalo]]s de entre 1 a 6 mm de largo, doce [[estame]]s de entre 6 a 10 mm dispostos en dous aneis de seis cada un e dous [[pistilo]]s ou un pistilo e dous estilos. O ovario é súpero e con dous [[carpelo]]s, cuxas asas prolongan as flores, facilitando o recoñecemento das femininas. Logo de entre unhas semanas a seis meses de floración, as árbores producen un gran número de sementes.
 
Os especímenes deste xénero son unha importante fonte de [[pole]] e [[néctar]] a principios de primavera para as [[abella]]s, en particular as abellas melíferas e un recurso alimentario para as [[larva]]s de varias especies de [[lepidóptero]]s.