Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 155:
 
== Arquivo da Fundación ==
O Arquivo informatizado da Fundación móstrase como un espazo aberto á investigación para que se coñezan e difundan os seus fondos por ben da cultura e da historia de Galicia. Está accesible para os investigadores toda a documentación histórica, é dicir, a parte máis relevante dos fondos. Calquera persoa que acredite un proxecto de investigación terá acceso a estes arquivos e as súas bases de datos, ordenados e catalogados.
 
Tras meses de traballo, acometidos en parte grazas a unha subvención do departamento de Cultura da Xunta, a Casa-Museo presentou en decembro do ano 2015 a apertura do Arquivo da Fundación logo de rematar unha primeira fase de organización, descrición e informatización dos fondos desta institución, que non se atopaban en condicións idóneas. No acto estiveron presentes o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e dous membros da executiva, ademais do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.
Liña 169:
En canto ao fondo gráfico, son salientables os vinculados a Rosalía, sobresaíndo a colección «''Pardellas de Blas''», con fotografías da autora e a súa familia, entre outras. O fondo fotográfico reflicte tamén as diversas actividades e actos do Padroado, coma as Rutas Rosalianas ou a Ofrenda Floral en Bonaval que acollía importantes persoeiros galegos e estranxeiros.
 
Finalmente, a documentación que alberga o arquivo de máis valor para a Fundación é a vinculada a Rosalía de Castro. Compoñen esta colección documentos e manuscritos relaciónados coa autora. Por outro lado é relevante o legado de Xosé Mosquera Pérez, con interesantes documentos dos inicios do galeguismo, mostra das súas relacións persoais e da súa implicación política, social e cultural<ref>{{cita web |url=http://www.galiciadigital.com/noticia.9827.php |título=La Casa de Rosalía estrena un archivo informatizado y abre su documentación histórica a los investigadores |páxina-web=Galicia Dixital |dataacceso=21 de febreiro de 2016}}</ref><ref>{{cita web |linguaurl=castelánhttp://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2116/casa-rosalia-estrea-arquivo-informatizado-pon-dispor-comunidade-investigadora |título=A Casa de Rosalía estrea arquivo informatizado e pon ao dispor da comunidade investigadora a súa documentación histórica |páxina-web=Xunta de Galicia |dataacceso=21 de febreiro de 2016}}</ref>.
 
== Notas ==