Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 153:
* Amparou o [[Seminario Fontán-Sarmiento de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia]], creado por Manuel Rodríguez Rodríguez.
* Creouse tamén unha sección filatélica xuvenil, en colaboración co [[Liceo de Noia]], que logrou varias postais e varios selos conmemorativos.
 
== Arquivo da Fundación ==
O Arquivo da Fundación móstrase como un espazo aberto á investigación para que se coñezan e difundan os seus fondos por ben da cultura e da historia de Galicia. Está accesible para os investigadores toda a documentación histórica, é dicir, a parte máis relevante dos fondos. Calquera persoa que acredite un proxecto de investigación terá acceso a estes arquivos e as súas bases de datos, ordenados e catalogados.
 
A Casa-Museo presentou en decembro do ano 2015 a apertura do Arquivo da Fundación logo de rematar unha primeira fase de organización, descrición e informatización dos fondos desta institución, que non se atopaban en condicións idóneas. No acto estiveron presentes o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e dous membros da executiva, ademais do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.
 
Canto aos contidos que atesoura, o Arquivo da Fundación Rosalía de Castro posúe importantes e interesantes fondos documentais, gráficos e mesmo sonoros, que até o de agora apenas eran coñecidos. Dentro do fondo documental cómpre destacar a serie de Correspondencia, na que podemos atopar cartas intercambiadas cos responsables dos centros e colectivos galegos de Bos Aires, La Habana, etc. como Juan Varela Grande, José Villamarín, Abelardo Estévez, Jesus Canabal, Rey Rodríguez, Ángel Pérez Cosme, etc., mostra das intensas relacións que o Padroado e os seu responsables mantiñan cos galegos emigrados.
 
En canto a personalidades galegas, é de interese a correspondencia intercambiada con Otero Pedrayo, Castelao, Bouza Brey, Sánchez Cantón, Del Riego, Manuel Gómez Román, Ferro Couselo, García Sabell, Gala Murguía, Naya, Valentín Paz Andrade, Filgueira Valverde, Quiroga Palacios e un longo etcétera.
 
Tamén se pode acceder á serie relativa ás actas e documentos constitutivos, destacando o primeiro Libro de Actas do Padroado, así como os informes e memorias que describen a actividade desenvolta nos primeiros momentos desde a adquisición da Casa de Rosalía por parte de Granjel e Mosquera.
 
Os informes de prensa considéranse igualmente de gran utilidade para a investigación, xa que achegan información valiosa sobre acontecementos, identificación de persoas e mesmo para datación. Ademais hai exemplares significativos procedentes de prensa estranxeira grazas ás relacións referenciadas que mantiña o Padroado cos colectivos galegos emigrados. Neste mesmo senso, cabe sinalar a colección de impresos, nos que destacan a publicación dos primeiros Estatutos do Padroado a finais dos anos 40, os carteis, así coma outros materias especiais (negativos, discos, diapositivas, etc.)
 
En canto ao fondo gráfico, son salientables os vinculados a Rosalía, sobresaíndo a colección «Pardellas de Blas», con fotografías da autora e a súa familia, entre outras. O fondo fotográfico reflicte tamén as diversas actividades e actos do Padroado, coma as Rutas Rosalianas ou a Ofrenda Floral en Bonaval que acollía importantes persoeiros galegos e estranxeiros.
 
Finalmente, a documentación que alberga o arquivo de máis valor para a Fundación é a vinculada a Rosalía de Castro. Compoñen esta colección documentos e manuscritos relaciónados coa autora. Por outro lado é relevante o legado de Xosé Mosquera Pérez, con interesantes documentos dos inicios do galeguismo, mostra das súas relacións persoais e da súa implicación política, social e cultural.
 
== Notas ==