Haxix: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxño
m alcatrán
Liña 7:
Produce un efecto distinto ó da [[marihuana]] e máis prexudicial para os pulmóns debido ao contido de [[alcatrán]] ó mesturalo co tabaco.
 
En realidade o haxix pode presentar varias tonalidades, formas e riqueza de THC. distintos (do 4% alo 10%), dependendo do país de orixe; verde escuro tirando a marrón en [[Marrocos]], negro do [[Líbano]] e Medio Oriente, negro como [[alcatrán|brea]] retorcida o [[nepal]]í. En ocasións o produto pode ser adulterado con [[Penso (alimento)|pensos]] compostos ou [[esterco]].
 
Ao haxix tamén se lle chama ''[[chocolate]]'' de maneira informal pola súa similitude. E, popularmente, segundo o seu contido de [[THC]] distínguense varios tipos de haxix, sendo máis activo canto máis tetrahidrocannabinol posúa. Así definimos logo: o ''apaleado'', onde o haxix perde o seu nome; a ''ficha'', ou ''costo'', haxix de baixa calidade; o ''pole'', diferénciase do ''costo'' en que é máis mol e oleoso, como a "''barriña''" (pola súa forma de elaborar despois, en barriñas que se enrolan cun papel canda o tabaco) e o "''oviño''" (pois encóntrase en forma de bóla oval), ambos moi [[maleabilidade|maleábeis]].