Abrir o menú principal

Cambios

== Urbanismo ==
[[Ficheiro:Panorámica Vitoria-Gasteiz.jpg|miniatura|centro|800px|Vista panorámica da cidade desde [[Olárizu]], no [[2007]]]]
Desde o punto de vista urbanístico Vitoria é unha cidade de tamaño medio, cun trazado adaptado ás tradicións de cada momento histórico. O casco medieval desenvólvese en forma de améndoa en torno ó outeiro fundacional, que pola súa situación privilexiada como única elevación na planicie alavesa, converteuse nun bastión defensivo cobizado polos reinos de [[Navarra]] e Castela durante os séculos XI e XII. O recinto amurallado é anterior a esta guerra entre navarros e casteláns, e débese á labor emprendida polo [[Conde de ÁlavaÁraba]], fillo bastardo do rei [[Ramiro I de Aragón]], no século XI, para a defensa da aldea. Os muros defensivos da vella Gasteiz foron construídos entre 1050 e 1100. Debido a esa primeira función defensiva, as súas rúas estreitas e sombrías rodean o óvalo orixinario, en compactas ringleiras de vivendas paralelas entre si e con respecto ás murallas medievais (das que só se conservan algúns tramos e portóns). Entre 1854 e 1856 tivo lugar unha epidemia de [[cólera]] que mudou a fisionomía da cidade. Derribáronse os portais, que eran casas fortes, que daban acceso ás rúas Correría (casa forte dos Nanclares), Zapatería (casa forte dos Soto) e Ferrería (casa forte dos Abendaño) e que servían para protexer a cada gremio barrial. Á entrada da actual praza da Virxe Branca encontrábase o portal de Santa Clara, que estaba unido pola muralla ó [[Convento de San Antonio de Vitoria|Convento de San Antonio]]. No século XIX, e ante a evidencia de que a cidade estaba a quedarse pequena, planificouse un ensanche en estilo [[neoclásico]], e pouco a pouco a planificación da cidade foi dando a Vitoria a súa forma actual.
 
A améndoa medieval, como adoita ser coñecida, conta con multitude de xoias arquitectónicas, como o [[Pazo de Bendaña]], sede do Museo Fournier de naipes (erixido en 1525 por [[Juan López de Arrieta]] no solar ocupado antes pola torre defensiva erixida polos Maeztu). O Pazo Escoriaza-Esquivel, do século XV, construído por [[Claudio de Arziniega]]. O Pazo de Vila Suso, do século XVI, no que habitou [[Martín de Salinas]], embaixador de [[Carlos I de España|Carlos I]]. Pero o maior tesouro medieval de Vitoria é a [[Catedral de Santa María de Vitoria|Catedral Vella de Santa María]].
Desde a Idade Media ata o século XVIII a poboación de Vitoria e o trazado das súas rúas mantívose case sen variacións. Pero a finais do século XVIII o aumento do número de habitantes fixo necesaria a ampliación da cidade extramuros. Para solventar o problema da diferencia de altura entre o núcleo orixinal sobre o outeiro, e a chaira debaixo, erixíronse os Arcos e a Praza Nova, que suavizan a transición cara o tan necesario ensanche neoclásico (século XIX), de amplas rúas e xardíns, tendo como maior expoñente na rúa Dato, o Parque da Florida, e a Praza da Virxe Branca, coas súas fachadas repletas de miradores.
 
Finalmente, os novos barrios de Vitoria foron construídos conforme a un Plan Urbanístico que privilexia os parques, as zonas de lecer e a calidade de vida, compaxinando o mantemento da identidade da cidade coa necesidade de aloxar á crecente poboación. Tomando como referencia o barrio de San Martín, primeiro barrio novo planificado desta forma, a cidade aumentou a súa extensión a unha gran velocidade, crecemento concentrado nos últimos anos nos barrios de [[Lakua]], Salburua e Zabalgana.
 
O Anel Verde está conformado por unha rede de parques e espazos verdes que rodea a cidade, destinado a ser o pulmón da futura Vitoria, e enlazar a cidade co espazo rural. O anel inclúe os parques de Salburua, Zabalgana, Armentia, Rio Alegría, Gamarra, Abetxuko, e Atxa-Landaberde, se ben aínda faltan zonas en integrarse a el.
46.418

edicións