Diálogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 15:
=== Concepto ===
O diálogo conforma un [[xénero literario]] que comprende aquelas obras en que, empregando só a modalidade textual do diálogo, se finxe unha conversa ou hai unha controversia entre varias personaxes.
[[Ficheiro:Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote, 1810.pdf|miniatura|''Proezas de Galicia'' ([[PDF]]).]]
 
Os exemplos máis antigos son de [[Sofrón de Siracusa]] (circa [[-430|430]] a.C.), do que só fican algúns fragmentos. No [[século -IV|século IV]] a.C. [[Platón]] escrebeu os seus célebres ''[[Diálogos de Platón|Diálogos]]'', que son debates [[filosofía|filosóficos]] que empregan o método [[heurística|heurístico]] e [[dialéctica|dialéctico]] da pergunta e a resposta. Constitúen un dos exemplos superiores do diálogo. [[Aristóteles]] empregou esta forma para fins máis directamente [[didáctica|didácticos]]. Os ''Diálogos dos mortos'' de [[Luciano]] ([[século II]]] d.C.) seguían o modelo de Platón, mais usando o diálogo para fins cómicos e [[sátira|satíricos]] e como forma de entretenemento (como o mesmo Platón fixera n'''O Simposio'').