República dos Tuva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42:
}}
{{Contén texto cirílico}}
A '''República de Tuva'''<ref name="Diciopedia">«Tuva, República de». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=2101|volume=3}}</ref> ({{lang-ru|Республика Тыва}}; {{lang-tyv|Тыва Республика}}), ou '''Tuva''' ({{lang|ru|Тува́}}), é unha [[Repúblicas de Rusia|república rusa]]. Está localizada no centro xeográfico de [[Asia]], no sur de [[Siberia]]. A súa capital é a cidade de [[Kyzyl]]. Segundo o censo de 2010 ten unha poboación de 307.930 habitantes.
 
== Cultura ==
[[Ficheiro:Wrestling competition in Tos Bulak.jpg|miniatura|dereita|Competición de loita no estadio "Хүреш" ("Khuresh").]]
[[Ficheiro:Yurt in Tos Bulak.jpg|miniatura|dereita|Unha [[iurta]] en [[Tos-Bulak]]]]
O [[pobo tuvaniano]] é famoso polo seu canto de gorxa ou [[Xöömej]]. [[Khuresh]], a forma tuvaniana de loita, é un deporte moi popular. As competicións desta disciplina celébranse anualmente no festival [[Naadym]] de [[Tos-Bulak]].
 
[[Sainkho Namtchylak]] é unha das poucas cantantes de Tuva cun recoñecemento internacional. Está moi involucrada na cultura tuvaniana, e cada ano convida a artistas occidentais a actuar en Kyzyl e que descubran o país, a súa cultura e a súa música. [[Kongar-ool Ondar]] tamén ten un certo recoñecemento no mundo occidental, en gran medida por aparecer en [[Genghis Blues]] xunto co cantante [[Paul Pena]]. [[Huun-Huur-Tu]] é outro dos expoñentes da música de Tuva da década de 1990, e [[Alash Ensemble|Alash]] acadou a fama na década do 2000.
 
A [[lingua tuvaniana]] pertence á familia [[Linguas túrquicas|túrquica]], malia que moitas palabras proceden do [[Lingua mongol|mongol]]. Escríbese no [[alfabeto cirílico]] modificado, mais no pasado empregáronse runas turcas, a escrita mongol e o alfabeto latino.
 
== Notas ==