São Paulo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 85.56.185.202 (conversa); cambiado á última versión feita por Xosé Antonio
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 47:
Dende a súa fundación ó [[1554]], São Paulo foi inicialmente un pequeno concello, ata a súa elevación a cidade, ó [[1711]]. Despois, continuou a ser unha pequena cidade, mesmo cando se tornou na capital da entón ''provincia de São Paulo'', hoxe estado. O seu crecemento só comezou a acelerarse despois da construción do [[ferrocarril]] conectando a cidade de [[Santos, Brasil|Santos]] (no litoral) ata Jundiaí (no interior do [[estado de São Paulo]]), ó [[1867]] pasando pola cidade de São Paulo. Coa inauguración desa liña, o [[café]], producido no interior do estado, pasou a ser transportado máis facilmente ata o porto de Santos, e a riqueza producida polo café posibilitou a implantación das primeiras [[industria]]s na capital.
 
Para substituír a man de obra [[escravitude|escrava]] utilizada no traballo, cada vez máis escasa a mediados do século XIX ata o fin do réxime escravista en [[1888]], o [[Brasil]] pasou a buscar inmigrantes en [[Europa]] interesados en emigrar ao país e empregarse como asalariados. Moitos interesáronse nas posibilidades de traballo, principalmente os [[italia]]nos. Pero outros destes inmigrantes (un gran número de italianos, e a maioría dos españois e portugueses) preferiron ir á capital, traballar nas industrias que xurdían e no comercio que crecía. As familias propietarias de grandes facendas no interior do estado comezaron a instalarse na rexión da [[Avenida Paulista]] a finais do [[século XIX]]. A partir de [[1908]], comezan a chegar os [[Xapón|xaponeses]], que se establecen no barrio da [[Liberdade, São Paulo|Liberdade]]. Os seus descendentes, actualmente espallados por toda a cidade, están totalmente integrados na vida ''paulistana'', ou sexa, da cidade de São Paulo, e forman unha comunidade numericamente importante.
[[Ficheiro:Catedral da Sé em São Paulo.jpg|Catedral de São Paulo.|200px|miniatura]]
Coa inmigración crecente, a poboación comezou a medrar no inicio do [[século XX]]. No ano [[1900]] eran 240 mil habitantes. Chegou a [[Primeira Guerra Mundial]] e a dificultade de importar, así as industrias creceron, e con elas, a necesidade de man de obra. Despois da [[Crise de 1929]], a baixa do prezo do café no exterior dificultou a obtención de diñeiro para as importacións, aumentando o mercado para as industrias locais. Outro impulso veu coa [[Segunda Guerra Mundial]], pola dificultade de importar manufacturados dos países involucrados no conflito. Nos anos 50 instalouse a industria [[automóbil|automobilística]] no Brasil, e un aumento aínda máis forte da necesidade de man de obra.