Transfusión de sangue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Raúl[[Ficheiro:Krwiodawstwo3.JPG|miniatura|Doazón de sangue]]
A '''transfusión de sangue''' ou '''transfusión sanguínea''' realízase para repoñer a perda do [[fluído]] corpóreo debido a algunha [[doenza]] ou [[trauma]] grave que veña a traer perda substancial que non poida ser reposta pola propia persoa.
 
HISTORIA
== Historia ==
 
As primeiras transfusións de sangue realizáronse en animais no [[século XVII]] por [[Richard Lower]], en [[Oxford]], no ano de [[1665]]. Dous anos máis tarde, [[Jean Baptiste Denis]], [[medicina|médico]] de [[Luís XIV]], profesor de [[filosofía]] e [[matemática]] na cidade de [[Montpellier]], a través dun tubo de [[prata]], infundiu un vaso de sangue de [[ovella|carneiro]] en Antoine Mauroy, de 34 anos, doente mental que deambulaba polas rúas da cidade, e que faleceu despois da terceira transfusión. Nesa época, as transfusións eran [[heterólogo|heterólogas]] e Denis defendía a súa práctica argumentando que o sangue dos animais estaría menos contaminado de [[vicio]]s e [[paixón]]s. Esta práctica considerouse [[crime|criminal]] e prohibiuse inicialmente pola Facultade de Medicina de [[París]], posteriormente en [[Roma]] e na Royal Society, de [[Inglaterra]].