Nazismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Judcosta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 105:
Está claro que Hitler e os outros líderes nazis utilizaron o [[simbolismo]] e emoción cristiás como propaganda ante o público alemán, maioritariamente cristián, mais continua a ser controvertido saber se Hitler se consideraba, ou non, cristián. Algúns autores cristiáns tentaron tipificar a Hitler como [[ateísmo|ateo]] ou [[ocultismo|ocultista]] — ou mesmo un satanista — en tanto que autores non-cristáns puxeron énfase na utilización externa da [[doutrina]] cristiá, sen dar importancia ao que podería ter sido a [[mitoloxía]] interna do partido. A existencia dun Ministerio de Asuntos da Igrexa, instituído en [[1935]] e liderado por [[Hanns Kerrl]], foi case ignorada por ideólogos como [[Alfred Rosenberg]] e por outros responsables políticos.
 
As relacións do Partido Nazi coa [[Igrexa Católica]] son aínda máis polémicas. Moitos padres e líderes católicos opuxéranse con vigor ao nazismo, dicindo que era incompatible coa moral cristiá. Tal como aconteceu con moitos opositores políticos, moitos destes cregos, como [[Carl Lampert]], foron condenados aos [[campo de concentración|campos de concentración]] pola súa [[oposición]]. A pesar diso, a xerarquía da Igrexa, representada polo [[Pío XII, papa|Papa Pio XII]], mantívose basicamente silenciosa, e as alegacións de complicidade papal son hoxe lugar comun. Tamén existían líderes católicos pro nazis, como o [[Bispo]] [[Alois Hudal]].
 
== Nazismo e fascismo ==