Diferenzas entre revisións de «Rexionalismo galego»

sen resumo de edición
(quito ligazón a Castela-Castilla)
Apuntan historiadores como [[Xusto Beramendi]] ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
 
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para [[Galiza]]. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos.
 
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
 
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de [[Galiza]], a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
 
===A Asociación Regionalista Gallega===
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigosBibliografía ===
* {{Cita libro |ligazónautor=Ramón Máiz Suárez |autor={{Versaleta|Máiz Suárez}}, Ramón |ano=[[1984]] |url=https://www.academia.edu/12319921/O_REXIONALISMO_GALEGO_ORGANIZACI%C3%93N_E_IDEOLOX%C3%8DA |título=O rexionalismo galego: organización e ideoloxía (1886-1907) |editorial=Publicacións do [[Seminario de Estudos Galegos]] - [[Ediciós do Castro]] |localización=[[Sada]]}}
=== Outros artigos ===
* [[Liga Gallega (A Coruña)|Liga Gallega]]
* [[Cova Céltica]]
* ''[[Revista Gallega]]''
 
[[Categoría:Rexionalismo galego| ]]
184.667

edicións