Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

sen resumo de edición
 
As células das glándulas salivares dos [[insecto]]s da orde dos dípteros presentan [[núcleo celular|núcleos]] que están nunha [[interfase]] permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a [[división celular]] detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos [[tubo de Malpighi|tubos de Malpighi]], nas células nutricias dos [[ovario]]s, no [[epitelio]] intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como [[endomitose]]. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Este proceso denomínase politenización ou politenia.
 
Os cromosomas politénicos poden presentar unhas expansións ou inchamentos chamados '''puffs cromosómicos''' (''chromosome puffs'') <ref name=Igor/>, que son rexións desespiralizadas difusas, que se corresponden con sitios de [[transcrición (xenética)|transcrición]] do [[ARN]]. Denomínase '''anel de Balbiani''' a un destes puffs de gran tamaño.
 
== Características ==
 
En ''D. melanogaster'' o patrón de bandas non se distingue naquelas rexións heterocromáticas presentes na rexión centromérica de todos os seus cromosomas (n=4). As rexións heterocromáticas están asociadas formando un ''cromocentro''. Como dous membros do complemento haploide desta especie son metacéntricos (os cromosomas II e III) e dous son acrocéntricos (cromosoma sexual X ou Y e o cromosma IV), os cromosomas politénicos nesta especie aparecen como cinco brazos desiguais que irradian do cromocentro: un brazo correspondente ao cromosoma X, os dous brazos do cromosoma II e os dous brazos do cromosoma III (3L e 3R). Nalgúns casos pódese visualizar un sexto brazo moi pequeno que representa o cromosoma IV. <ref name=Panzera>Panzera, F., Ruben Pérez y Yanina Panzera. [http://www.fcv.unlp.edu.ar/sitios-catedras/87/material/Bandeos%20Cromosomicos.pdf Identificación cromosómica, cariotipo]. Facultad de Ciencias Veterinarias, Universidad Nacional de La Plata.</ref>
 
Os cromosomas politénicos poden presentar unhas expansións ou inchamentos chamados '''puffs cromosómicos''' (''chromosome puffs'') <ref name=Igor/>, que son rexións desespiralizadas difusas, que se corresponden con sitios de [[transcrición (xenética)|transcrición]] do [[ARN]]. Denomínase '''anel de Balbiani''' a un destes puffs de gran tamaño.
 
== Descubrimento e distribución ==
190.202

edicións