Diferenzas entre revisións de «Kartini»

m
replace archive.today -> archive.is (domain archive.today blocked by onlinenic)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (replace archive.today -> archive.is (domain archive.today blocked by onlinenic))
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:COLLECTIE TROPENMUSEUM Studioportret van Raden Ajeng Kartini met haar ouders zussen en broer TMnr 10018778.jpg|miniatura|Foto de estudio cos seus pais e irmáns]]
Kartini naceu nunha familia de ''[[priyayi]]'' - unha especie de nobreza formada por funcionarios - nas [[Indias Orientais Neerlandesas]]. O seu pai Raden Mas Aria Adipati Sosroningrat era ''[[bupati]]'' (gobernador) de [[Jepara]] e a súa nai, Ngasirah, era a súa primeira esposa pero non a dona principal. As leis coloniais da época establecían que un gobernador tiña que casar cunha nobre e como a nai de Kartini non era o suficientemente nobre<ref>[http://archive.todayis/Fp2Lr "Interview with Kathryn Robinson: Secularization of Family Law in Indonesia" ''Harvard Asia Quarterly'']</ref>e a [[poligamia]] era habitual na nobreza, Sosroningrat casou con Raden Ajeng Woerjan, descendente directa do [[raxá]] de [[Madura]].
 
Kartini era o quinto fillo e a filla máis vella, incluíndo aos medios irmáns. A súa era unha familia cunha importante tradición dentro do alto funcionariado colonial, o seu avó, Pangeran Ario Tjondronegoro IV, fora gobernador aos vinte e cinco anos, e intelectual, o irmán máis vello de Kartini, era [[lingüística|lingüísta]]. Kartini puido ir á escola ata os doce anos, alí aprendeu a falar e escribir [[lingua neerlandesa|neerlandés]], algo inusual nas mulleres xavanesas na época<ref>Anos despois, en 1930 calculábanse en 34.000 as mulleres xavanesas que podían escribir en neerlandés Elsbeth, Locher-Scholten (2000) ''Women and the Colonial State: Essays on Gender and Modernity in the Netherlands Indies, 1900-1942'' Amsterdam University Press, p.19</ref>. Pero tras cumprir os doce anos, como era habitual na nobreza xavanesa, recluída na casa para se preparar para o matrimonio, pero a diferenza doutras familias o seu pai permitiulle tomar leccións de bordado e aparecer en público con ocasión dalgúns acontecementos especiais. Durante a súa reclusión continuou a se instruír por medio de lecturas e fixo amigos por correspondencia nos Países Baixos, salientando a que mantivo con Rosa Abendanon, os libros, xornais e revistas europeos fixo que se interesase polo [[feminismo]] europeo e polas condicións das mulleres do seu país. Entre as lecturas desa época está o xornal ''[[De Locomotief]]'' de Semarang, así como ''leestrommel'', un paquete con revistas neerlandesas que as librerías enviaban a subscritores, o que incluía revistas culturais, cienfíticas e a revista feminina ''De Hollandsche Lelie'', á que enviou colaboracións que lle publicaron. Antes dos vinte anos xa lera ''[[Max Havelaar]]'' e ''Geloofsbelydenis'' de [[Multatuli]], mais tamén ''De Stille Kracht'' de [[Louis Couperus]], as obras de [[Frederik van Eeden]], [[Augusta de Witt]], a autora romántico-feminista [[Goekoop de-Jong Van Eek]] ou a novela antibélica de [[Berta von Suttner]], ''Die Waffen Nieder!''.
1.424

edicións