Comité Militar Revolucionario de Petrogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
De composición moi variable,{{Harvnp|Daniels|1997|p=117}} o comité contaba cunha ampla maioría de bolxeviques, complementados con socialrevolucionarios de esquerda e anarquistas.{{Harvnp|Rigby|1979|p=18}}{{Harvnp|Rabinowitch|1978|p=237}} O propio comité, así como o comité central bolxevique ou o VTsIK, foron engadindo membros ao CMR, mentres que outros o abandonaban para dedicarse a outras actividades.{{Harvnp|Rigby|1979|p=18}} Os membros máis activos eran tamén os [[bolxevique]]s.{{Harvnp|Daniels|1997|p=118}}
 
O CMR celebraba unha ou dúas reunións diarias, ás que asistían os membros que nese momento non se achaban ocupados nalgunha actividade dalgún dos cambiantes departamentos que xurdiran (orixinalmente, sete:{{Harvnp|Rigby|1979|p=247}} defensa, subministracións, comunicacións, información, milicias obreiras, informes e oficina do comandante).{{Harvnp|Rigby|1979|p=18}} Aínda que existía un corpo permanente para decisións urxentes que non podían esperar ás reunións plenarias que tiñan lugar{{Harvnp|Rabinowitch|1978|p=239}} irregularmente, non desempeñou un papel importante nas actividades do CMR.[12] Antes da [[Revolución de Outubro]], apenas se celebraron un par de sesións plenarias e a maioría da actividade concentrábase na oficina permanente (buró), de cinco membros, entre os que se contaban Pavel Lazimir, Podvoiski ou [[Vladimir Antonov-OvseienkoOvseenko|Antonov-Ovseenko]].{{Harvnp|Daniels|1997|p=118}} A presidencia era un cargo non establecido e que na práctica exercían varias ducias de membros do comité.{{Harvnp|Rigby|1979|p=19}} A influencia principal sobre o organismo tamén variou co tempo: se Podvoiski desempeñou un destacado papel durante a insurrección e [[Trotski]] tivo unha influencia decisiva nel até a derrota de [[Kerenskii]], ambos desapareceron practicamente do CMR nas últimas semanas da súa existencia.{{Harvnp|Rigby|1979|p=19}}
 
A secretaría do CMR era moi reducida.{{Harvnp|Rigby|1979|p=19}} Encabezada polo veterano organizador bolxevique Serguéi Gúsev desde o {{xulgregdata|9|11|1917|corto=true}}, apenas contaba con dous ou tres secretarios e unhas cantas mecanógrafas.{{Harvnp|Rigby|1979|p=19}}