Comité Militar Revolucionario de Petrogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
O '''Comité Militar Revolucionario de Petrogrado''' (en realidade, Comité Revolucionario Militar, CRM, ou '''Voenrevkom''') ou, a miúdo, simplemente '''Comité Militar Revolucionario''' foi un organismo dependente do [[Soviet de Petrogrado|Sóviet de Petrogrado]] que tivo un papel principal no derrocamento do [[Goberno Provisional Ruso|Goberno Provisional ruso]] durante a [[Revolución de Outubro]] no outono de 1917 e exerceu na práctica como Goberno ruso até a súa disolución en decembro do mesmo ano. Non debe confundirse co '''[[:es:Soviet_Militar_Revolucionario|Soviet Militar Revolucionario]]''' ou '''Revvoensoviet'''.
 
Creado polo [[Soviet de Petrogrado]] para supervisar as ordes do [[Goberno Provisional Ruso|Goberno provisional]] ás unidades da guarnición da capital, os bolxeviques utilizárono con habilidade para derrocar a [[Kerenskii]].{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=61}} Aínda que era oficialmente un organismo dependente de consello da capital, pronto adquiriu unha ampla autonomía práctica e estendeu as súas actividades da loita contra os adversarios dos bolxeviques e as tarefas sobre seguridade a outras máis administrativas.{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=61}}