Daniel González Alén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Xas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Fillo de [[Daniel González González]]. Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de [[Silleda]] e [[Ribadavia]].
 
Colaborou en ''[[El Correo Gallego]]'' (1973-1976) e ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'' (1983-1986) e despois en ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Tamén colaborou en nas emisoras Radio Lalín, Radio Pontevedra, [[Radio Nacional de España]] ([[1981]]-[[1985]]) e Radio Noroeste (1987-1993). Ten participado en numerosos programas na [[Televisión de Galicia|TVG]] e na [[TVE]]. Foi correspondente do [[Museo de Pontevedra]] e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.
 
Traballou como director e guionista do grupo [[Deza Cine Galego|Deza Cinema Galego]] e participando nas películas (''[[O campo galego]]'', ''[[Fiadeiras de Zobra]]'', ''[[Consello do compadre]]'', ''Loita'', ''Lalín'', ''[[Cantigas da emigración]]'' e ''[[Santuario do Faro]]'') premiadas en numerosos festivais de cine aficionado como o de [[Vilagarcía de Arousa]], [[Vigo]] e [[Lugo]], e proxectandoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal ''La Defensa'' de Lalín ([[1980]]) e colaborou, ademais, na redacción da [[Gran Enciclopedia Galega]].