Fronte polar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
engado posición en relación coas células atmosféricas
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:AtmosphCirc2.png|dereita|400px]]
Unha '''fronte polar''' é unha zona de transición entre unha masa de aire fría procedente dos polos, e unha masa cálida de procedencia subtropical. Sitúase no límite entre a célula polar e a célula de Ferrel en cada hemisferio, onde hai un forte gradiente de temperaturas. No caso do hemisferio norte as dúas masas de [[aire]] teñen diferentes propiedades: unha fría que provén do norte, que se produce cando unha masa de aire frío descende a [[latitude]]s menores e introdúcese como unha cuña entre o chan e o aire quente; e outra cálida, que se atopa máis ao sur no océano e avanza desprazando a corrente de aire frío. Sitúase no límite entre a célula polar e a célula de Ferrel en cada hemisferio, onde hai un forte gradiente de temperaturas.
 
É de gran extensión e separa ditas masas de aire. Dáse en latitudes medias, entre os 50º e os 60º, aínda que varia bastante a súa posición xa que as masas de aire están en continuo movemento, variando, sobre todo, coas [[Estacións do ano|estación]]s, provocando [[chuvia]]s no [[inverno]] e [[seca]]s no [[verán]]. En [[primavera]] desprázase cara ó norte e, en [[outono]] volve descender. Cando a fronte polar do hemisferio norte avanza máis ao sur afecta ao clima de Galicia, e trae consigo numerosas borrascas.