Nicolao II de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 42:
'''Nicolao II de Rusia''' (en {{lang-ru|Николaй Алексaндрович Ромaнов}}, ''Nikolai Aleksandrovich Romanov''), nado en [[San Petersburgo]] o {{xulgregdata|18|5|1868}} e finado en [[Ekaterimburgo]] o [[17 de xullo]] de [[1918]], foi o último [[tsar]] de [[Rusia]]. Fillo de [[Alexandre III de Rusia|Alexandre III]], gobernou desde a morte do seu pai, o {{xulgregdata|1|11|1894}}, ata a súa abdicación o {{xulgregdata|15|3|1917}}, cando renunciou no seu nome e no do seu fillo [[Alexei Nikolaevich Romanov|Alexei]] e o trono pasou ao seu irmán, o gran duque [[Miguel Aleksandrovich Romanov|Miguel]]. Durante o seu reinado viu como o [[Imperio ruso]] sufriu un desastre económico e militar. Foi alcumado ''Nicolao o Sanguinario'' polos críticos debido á [[Traxedia de Khodynka]], o [[Domingo Sanguento (1905)|Domingo Sanguento]] e polos [[pogromo]]s [[Antisemitismo|antisemitas]] que se produciron durante o seu reinado. Como [[Xefe de Estado]], aprobou a mobilización de agosto de [[1914]] que marcou o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]], a [[Revolución Rusa de 1917|revolución]] e a consecuente caída da [[dinastía Romanov]].
 
O seu reinado acabou coa súa abdicación trala [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]], cando intentando volver do Cuartel Xeneral de [[Mogilev]] á [[Petrogrado]], foi detido en [[Pskov]] e foi obrigado a abdicar.<ref>{{harvnb|Massie|2000|p=412-413}}</ref> A partir de entón, o tsar e a súa familia foron apresados, primeiro no [[Palacio de Alexandre]], en [[Tsarskoe Selo]], despois na casa do gobernador de [[Tobolsk]] e finalmente na [[casa Ipatiev]] de [[Ekaterimburgo]]. Nicolao II, a súa muller [[Alexandra Feodorovna Romanova|Alexandra]], os seus cinco fillos, o médico da familia e tres serventes máis foron executados nó sóutano da casa polos [[bolxevique]]s na madrugada do [[16 de xullo|16]] ao [[17 de xullo]] de [[1918]]. Este acto foi ordenado por [[Vladimir Lenin]] e o líder bolxevique [[Iakov Sverdlov]].<ref>{{harvnb|Massie|2000|p=522}}</ref> Posteriormente, Nicolao II e a súa familia foron canonizados como [[mártir]]es pola [[Igrexa Ortodoxa Rusa nofóra exiliode Rusia]].
 
== Traxectoria ==