Diferenzas entre revisións de «Hulagu Khan»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m
Comezou co dominio sobre os lurs, un pobo do sur de [[Irán]]. Máis adiante acabou coa temible e mítica seita dos [[asasinos]]. O seu xeque [[Rukn al-Din Khurshash]], entregoulle a ata entón inexpugnable [[fortaleza de Alamut]] sen resistencia, confiando en obter piedade. Foi en balde, porque foi executado con toda a súa familia e achegados.
 
Hulagu reuniu o exército mongol máis formidable da historia. Segundo as crónicas Mongu ordenou que un de cada dez guerreiros mongois de toda [[Asia]] se enrolaran no exército do seu irmán. En 1257, dirixiuse á capital do [[Califato Abasida]]: [[Bagdad]], a cidade dun millón de habitantes. Esixiu a rendición ao [[califa]] que rexeitou a demanda. HulahuHulagu dividiu as súas forzas ameazando os dous flancos da cidade. Cando o exército musulmán saíu ao seu encontro, ordenou rachar os diques asolagando as terras ás costas dos inimigos, que se viron atrapados e foron aniquilados. Entón o xeneral chinés [[Guo Kan]] organizou o sitiocerco da cidade con avanzada maquinaria de asalto. Aos dez días a [[Al Musta´sim]] tratou de negociar inutilmente, parapois acabaracabou rendéndose. A cidade foi arrasada baixo unha onda de destrución e morte; a súa valiosísima [[biblioteca]] desapareceu (díxose que o río baixaba negro da tinta dos libros arrastrados pola corrente). Uns 100.000 homes foron asasinados (hai quen eleva a cifra a 200.000). O califa sería tamén morto con todos os seus fillos agás un.
 
O califato desapareceu para sempre; e a cidade, completamente devastada, tardou máis de cen anos en recuperarse minimamente. Foi a acción destrutiva máis apocalíptica protagonizada polos mongois.
Seguidamente, tomou [[Damasco]] e [[Alepo]]. Estableceu a súa capital en [[Moragha]]. Toda [[Siria]] caeu aos seus pes, pero o avance cara [[Terra santa]] foi detido pola morte de Mongu, que obrigou a unha retirada e o retorno a [[Mongolia]] para a elección do novo Gran Khan. Este sería [[Kublai Khan]], aínda que, en realidade, a unidade mongol desaparecería para sempre. En medio desta crise, o avance cara [[Exipto]] foi rexeitado polos [[mamelucos]] na primeira derrota significativa sufrida por un exército mongol na batalla de [[Ain Jalut]].
 
A división entre os mongois púxose de manifesto cando o irmán de [[Batu Khan]], [[Berke]], convertido ao [[Islamismo|islám]], xurou vengarsevingarse da destrución de Bagdad. Hulagu foi severamente derrotado por el en 1263.
 
O novo estado por el fundado, o Ilkhanato, durou ata a súa disgregación en [[1335]]. Sucedeuno o seu fillo [[Abaqa]].
569

edicións