Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Contidos: traducida a páxina de es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 28:
* '''Creación de novos artigos''': aínda que o ideal fose que os alumnos desenvolveran artigos relacionados co seu currículo educativo, é bastante probable que moitos destes artigos xa existan na Galipedia. Polo tanto sería tarefa do profesor revisar se existen ou non os artigos ou se paga a pena amplialos, no caso de que sexan [[:Categoría:Wikipedia:Todos os artigos en progreso|artigos en progreso]]. Neste caso poden desenvolverse artigos de historia ou xeografía local, biografías de personaxes ilustres do concello (tamén personaxes que aparezan no seu rueiro), fauna e flora, patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, cultural e natural local, cidades irmandadas e artigos relacionados con elas, etc.
* '''Lectura de artigos''': existen artigos que poden ser escoitados, o que resulta interesante para usuarios que non poden ver ou teñen dificultades para facelo, para estudantes de galego, etc. Os [[Wikipedia:Artigos de calidade|artigos de calidade]] serían os ideais para gravar a súa lectura, aínda que pode facerse con calquera artigo. No proxecto [[Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada|Wikipedia falada]] pode lerse o proceso a seguir.
*'''Deseño de imaxes''': son moitos os artigos que gañarían en calidade cunha boa imaxe, xa sexan debuxos, esquemas ou fotografías. Os profesores de debuxo, tanto artístico como técnico, poden propor que os alumnos suban os seus traballos a [[Wikimedia Commons]] para ser utilizados nos artigos da Wikipedia. Na Galipedia hai dous proxectos relacionados con isto: a [[Conversa:Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia|galería de fotos de casas de concello de Galicia]] e o [[Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias]] que pretende conseguir que todas as parroquias civís de Galicia, que xa teñen o seu artigo, teñan tamén polo menos unha foto.
 
[[Wikiproxecto:Wikiproxecto_A_Galipedia_na_aula/Guía para a introdución de contido na Galipedia|Para saber máis...]]
 
==Ferramentas==