Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 465:
A última etapa do Camiño en terras leonesas é longa (28 km) e dura, cun brusco ascenso a partir de Las Herrerías, con 687 metros de altitude, ata O Cebreiro, con 1.296 m. Ademais segue en boa parte un carril peonil pegado á autovía A-6 e á nacional N-VI. En conxunto, segue o leito do [[río Valcarce]] e o val do mesmo nome.
 
Tras cruzar o [[río Burbia]] chega a [[Pereje]] e segue por [[Trabadelo]] e [[La Portela de Valcarce]], que debe o nome ó portádego que alí se cobraba a quen cruzase o val, vixente ata o século XVIII. Logo vén [[Ambasmestas, A Veiga de Valcarce|Ambasmestas]], quizais co significado de ''ambas augas'', por ser neste punto onde conflúen os ríos Valcarce e [[río Balboa|Balboa]].
 
En [[Vega de Valcarce]] destaca a igrexa da Magdalena (do século XVII e reformada no XX) e, no alto, as ruínas do castelo de Serracín, do XV, atribuído ós templarios. A seguir vén [[Ruitelán]], cunha capela dedicada a [[Froilán|San Froilán]] (833-905), patrón de [[Lugo]], que foi un anacoreta lucense que se retirou a estes montes, para despois chegar a ser bispo de León.