Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 453:
O Camiño segue, dando unha curva cara ao norte, ata [[Compostilla]], hoxe un barrio de Ponferrada; [[Columbrianos]], xa documentada no século X, coa igrexa de Santo Estevo (XVIII); [[Fuentes Nuevas]], cun un moderno cruceiro no que a tradicional imaxe da Virxe no reverso da cruz está substituída pola de Santiago peregrino; e [[Camponaraya]], coa igrexa de San Ildefonso e a capela da Virxe da Soidade.
 
Antes de entrar en [[Cacabelos, León|Cacabelos]] deixa ó lado a igrexa de Santa María, de orixe románica. Tras atravesar Cacabelos e cruzar o [[río Cúa]], dá co Santuario da Quinta Angustia, do s. XVIII. A vila seguinte é [[Pieros]], e a partir de aquí o Camiño segue a beiravía da estrada, se ben pode collerse unha vía alternativa por camiños rurais.
 
Vilafranca do Bierzo (''Villa Francorum'') foi froito dun dos asentamentos dos ''francos'' potenciados por Afonso VI e chegou a ser capital da provincia homónima en [[1822]]. Aquí houbo cinco hospitais e atópase a igrexa de Santiago, dos séculos XII-XIII, na que destaca a Porta do Perdón. O papa [[Calisto III, papa|Calisto III]] concedeu a [[indulxencia|indulxencia plenaria]] ós peregrinos enfermos ou tullidos que conseguían chegar ata esta Porta do Perdón, cos mesmos efectos que se tivesen chegado ó mesmo Santiago.