Castaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.
 
As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia ademais de asadas (ver [[magosto]]), adoitan comerse cocidas con sal e herbas, coma [[fiúncho]] e [[nébeda]], para seren máis dixeríbeis. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como ''[[marron glacé'']]. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.
 
Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.