Diferenzas entre revisións de «Circuíto impreso»

Probablemente, o inventor do circuíto impreso é un enxeñeiro austríaco Paul Eisler (1907-1995), que mentres traballaba na Inglaterra, foi quen fabricou un circuíto impreso coma parte dunha radio, arredor de [[1936]].{{cómpre referencia}} Aproximadamente en [[1943]], nos Estados Unidos comezaron a empregar esta tecnoloxía a gran escala pra fabricar radios que fosen robustas, pra ser empregadas na Segunda Guerra Mundial. Despois da guerra, en [[1948]], EE. UU. liberou a invención pra ó uso comercial.{{cómpre referencia}} Os circuítos impresos non se volveron populares na electrónica de consumo ata mediados do 1950, cando o proceso de “auto-ensamblaxe” foi desenvolvido pola Armada dos Estados Unidos.{{cómpre referencia}}
 
Antes dos circuítos impresos (e por un tempo despois da suasúa invención), a conexión “punto a punto” foi a mais empregada. Pra prototipos, ou produción de pequenas cantidades, o método ''wire wrap'' pode considerarse o máis eficiente.{{cómpre referencia}}
 
Orixinalmente, cada compoñente electrónico tiña [[Pin (electrónica)|pins]] de cobre ou latón de varios milímetros de lonxitude, e o circuíto impreso tiña buracos perforados pra cada pin do compoñente. Os pins dos compoñentes atravesaban os buracos e eran soldados as pistas do circuíto impreso. Este método de ensamblaxe é chamado ''through-hole'' ("a través do buraco").{{cómpre referencia}} No [[1949]], Moe Abramson e Stanilus F. Danko, da ''United States Army Signal Corps'', desenrolan o proceso de auto-ensamblaxe, onde os pins dos compoñentes eran metidos na lámina de cobre co patrón da conexión, e logo eran soldados.{{cómpre referencia}} Co desenrolo da lamiñación das tarxetas e as técnicas de gravados, este concepto evolucionou no proceso estándar de fabricación de circuítos impresos empregado na actualidade. A soldadura pódese facer automaticamente pasando a tarxeta sobre o fluxo da soldadura derretida, nunha máquina de soldadura por ola.{{cómpre referencia}}
99.973

edicións