Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 19:
[[Ficheiro:Juan de Mariana.JPG|miniatura|O padre Juan de Mariana.]]
 
A independencia de xuízo dos seus escritos e o seu hipercriticismo ocasionáronlle graves disgustosdesgustos co poderes civil e eclesiástico, aínda que só foi molestado en dúas ocasionsocasións.
 
En primeiro lugar foi pola súa ''De rege et regis institutione'' (Toledo, 1599), solemnemente queimado en [[1610]], por subversivo, polo parlamento de París tras o asasinato de [[Henrique IV de Francia]] e que escribiu a petición do preceptor de [[Filipe III de España]], García Loaysa y Girón; segundo os seus acusadores, esta obra daba lexitimidade ao [[tiranicidio]], porque a súa doutrina foi relacionada co anterior asasinato de [[Henrique III de Francia]] por [[Jacques Clément|frei Xacobe Clemente]] en 1589, aínda que Ravaillac, o asasino do rei francés Henrique IV declarou que non coñecía o libro.
 
Este tratado, escrito co fin de contravir o [[naturalismo político]] de [[Maquiavelo]], como fixera catro anos antes [[Pedro de Rivadeneyra]] no seu ''Princeps christianus adversus Nicholaus Machiavelum'' (1595), expón en primeiro lugar como ten que ser unha [[monarquía]], e os deberes do rei, que ten que subordinarse como calquera vasalo á lei moral e ao Estado, e despois expón a educación do príncipe cristián seguendoseguindo de cerca as teorías de [[Erasmo de Rotterdam]] no su ''Enchiridion''. Propón como máximo valor dun monarca a [[Virtudes cardinais|virtude cardinal]] da prudencia, no seu sentido [[Aristóteles|aristotélico]] e sobre todo debe impedir que os impostos asfixien ás [[produción (economía)|clases produtoras]] do país. Inspirándose en San [[Tomé de Aquino]] xustifica como este a revolución e a execución dun rei polo pobo se é un [[tirano]].
 
A segunda molestia que sufriu foi cando estivo encarcerado durante un ano e medio en [[Madrid]], en 1607, por orde do mesmo [[Filipe III de España|Filipe III]] e do seu [[valido]] o [[Francisco de Sandoval y Rojas|Duque de Lerma]] a causa do libro ''De monetae mutatione'', cuarto dos seus ''Tractatus septem'' (Colonia, 1609), que foi denunciado polas alusións aos ministros que modificaran o peso da moneda.
Liña 33:
Menor importancia tiveron as friccións coa súa orde. Así, o seu ''Discurso de las cosas de la Compañía'' supúxolle a animadversión das xerarquías desta.
 
Home moi ocupado, fixo unha edición de santo [[Isidoro de Sevilla]], e traballou ademisademais en obras de filoloxía oriental e como predicador, censor de exexeses, colaborador do ''[[Index Librorum Prohibitorum|Índice]]'' e consultor da [[Inquisición]].
 
A súa obra principal son as ''Historiae de rebus Hispaniae libri XX'' (Toleti, typis P. Roderici, 1592). Unha edición posterior máis avanzada do propio recompilador é ''De rebus Hispaniae libri XXX'', que se publicou en Maguncia en 1605. Durante este tempo o autor vertera a edición latina ao castelán, e esta apareceu completa en Toledo en 1601, contendo os trinta libros da edición latina. A obra esténdese desde a máis remota antigüidade até a época dos [[Reis Católicos]].