Edward Vernon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 27:
En [[novembro]] de [[1739]], ao estalar a [[Guerra da Orella de Jenkins]] contra [[España]], Vernon foi nomeado comandante en xefe de todas as forzas navais británicas nas [[Indias Occidentais]]. A súa primeira acción na guerra foi o saqueo e [[destrución de Portobelo]], un porto [[Panamá|panameño]] escasamente defendido que formaba parte da ruta que seguía a [[Frota de Indias]]. Este éxito foi enormemente esaxerado polos británicos, que se entregaron a todo tipo de celebracións e realizaron numerosas homenaxes a Vernon, a quen converteron nun [[heroe]] nacional. O propio rei [[Xurxo II de Gran Bretaña]] asistiu a unha cea celebrada no seu honor en [[1740]], durante a cal presentouse por primeira vez o actual [[himno nacional]] británico, ''[[God Save the Queen|God Save the King]]''. Como parte destas celebracións creouse tamén a canción patriótica ''[[Rule Britannia]]'' e denomináronse dúas rúas (unha en [[Londres]] e a outra en [[Dublín]]) como ''Portobello Road''.
 
=== Ataque a Cartaxena de Indias e encontro con Blas de Lezo ===
En [[1741]] comandou quizá unha das maiores frotas da historia ata a [[Desembarco de Normandía|frota aliada de Normandía de 1944]] (formada por 186 naves e 23.600 homes,) que tiña como obxectivo tomar e destruír o porto español de [[Sitio de Cartaxena de Indias (1741)|Cartaxena de Indias]], principal porto do [[Virreinato de Nova Granada]]. Sequera antes de tomar a cidade, Vernon enviou un correo ao rei inglés asegurando que lograra a vitoria, xerando unha euforia no seu país aínda maior que a do ano anterior. Pero para a súa desgraza, o que conseguiu en realidade foi a maior e máis humillante derrota de toda a historia da ''[[Royal Navy]]'', pois perdeu 50 naves e 11.000 homes a mans dunha guarnición composta por só 6 barcos e 3.000 defensores españois dirixidos polo Almirante español Don [[Blas de Lezo]]. Tras outros dous ataques errados en [[Santiago de Cuba]] e Panamá, Vernon foi substituído por [[Chaloner Ogle]] e viuse obrigado a volver a Inglaterra en [[1742]] para comunicar que a vitoria de Cartagena nunca existiu. Isto causou tal vergoña a Xurxo II que o propio Rei prohibiu escribir sobre iso aos seus historiadores.
 
Vernon foi relevado do seu cargo ese mesmo ano e expulsado da Mariña en [[1746]]. Malia o seu profundo descrédito, á súa morte en [[1757]] decidiuse enterrar o seu corpo na [[Abadía de Westminster]], como un heroe máis dos que alí repousan.
 
=== Relación con Washington ===
[[Lawrence Washington]], medio irmán do que sería primeiro [[presidente dos Estados Unidos]], [[George Washington]], combateu en Cartaxena de Indias xunto a Vernon e por iso decidiu chamar ''[[Mount Vernon]]'' á plantación que tiña en [[Virxinia]]. Outro feito curioso é que o [[grog]], bebida popular entre os mariñeiros, tamén recibiu o seu nome como homenaxe a Vernon, xa que foi el quen suxeriu diluír o [[ron]] con auga durante o asedio de Cartagena co fin de que durase máis.
 
Liña 38:
Un dato pouco coñecido, e silenciado polos ingleses, é o encontro ter por Vernon, ao mando do navío ''Mary'', con Don Antonio Serrano, ao mando do navío ''Catalán'', a unhas 600 millas ao oeste de [[A Habana]], entre os días [[7 de xaneiro|7]] e [[10 de xaneiro]] de [[1721]]. Non lle debeu ir moi ben a Vernon, pois as súas biografías ocultan celosamente o suceso.<ref>Martínez y Guanter, Antonio Luis. «Análisis del combate naval entre el navío español ''Catalán'' y el británico ''Mary''», ''Revista General de Marina'', Madrid, novembro de 2007, pp. 647–652.</ref><ref>{{cita web|url = http://www.todoababor.es/pinturas/min_vent_catalan.htm|título = Pinturas navales. El navío catalán combate contra el navío británico Mary}}</ref><ref>[http://www.todoababor.es/articulos/bio_torres.htm Biografía de don Rodrigo de Torres] — todoababor.es; [http://www.todoababor.es/listado/navio-catalan.htm Historia del navío de línea ''Catalán''] — todoababor.es</ref>
 
== Publicacións ==
* ''Original papers relating to the expedition to Carthagena, Cuba and Panama'' (1744)
* ''Admiral V----n's opinion upon the present state of the British navy'' (1744)
Liña 48:
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Edward Vernon}}
=== Outros artigos ===
* [[Blas de Lezo]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Londres]]