Afonso V de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 72:
[[Ficheiro:Arms of Aragonese Monarchs, 16th-19th centuries (Golden Fleece).svg|miniatura|170px|esquerda|Armas de Afonso V.]]
 
Os sucesivos éxitos militares e políticos de Afonso V no escenario mediterráneo levantaron o receo do [[Ducado de Milán|duque de Milán]] [[Filippo María Visconti]] quen, aproveitando o arrefriamento das relacións entre a raiñaraíña Xoana e Afonso cando este fixo deter ao primeiro ministro napolitano e amante de aquela, alentou unha revolta encabezada por Sforza que obrigou a Afonso a refuxiarse, o [[30 de maio]] de [[1423]], na fortaleza napolitana de [[Castel Nuovo]] até que a chegada dunha flotafrota aragonesa de 22 galeras lle permitiu recuperar Nápoles e obrigar a Xoana a buscar refuxio en [[Aversa]] e despois en [[Nola]] onde revocará a adopción de Afonso e nomeará como novo heredeiro a Luís de Anjou.
 
Tras recibir noticias da Península acerca das dificultades que atravesaban os seus irmáns no seu enfrontamento con [[Castela]], e ao necesitar reforzos económicos e militares para continuar coa súa política de expansión, Afonso decide deixar Nápoles ao mando do seu irmán [[Pedro de Aragón, conde de Alburquerque|Pedro]] e, tras destruír o porto de [[Marsella]] en territorio dos Anjou, retorna aos seus reinos peninsulares onde permanecería até [[1432]].
Liña 84:
A tregua permite a Afonso fixar a súa atención en [[África]], onde xa en [[1432]] dirixira unha expedición militar contra a illa de [[Xerba]]. O seu interese reanúdase en [[1434]] cunha nova expedición a [[Trípoli, Libia|Trípoli]]; poré, as mortes dos seus rivais napolitanos fai que a súa atención volva a centrarse en Italia.
 
En efecto, en [[1434]] falece Luís III de Anjou, polo que a raiñaraíña Xoana nomea novo herdeiro ao trono de Nápoles ao irmán de aquel, [[Renato I de Nápoles|Renato]]. Porén, ante a morte de Xoana ao ano seguinte, o papa Uxío IV non dá a sçua aprobación, polo que Afonso vé chegado o momento de conquistar [[Nápoles]]. Acompañado dos seus irmáns Xoán, Henrique e Pedro toma a cidade de [[Capua]] e pon sitio a [[Gaeta]] en cuxo auxilio acudiu unha flotafrota xenovesa que derrotaría á aragonesa na batalla que se desenvolveu o [[4 de agosto]] de [[1435]] fronte á illa de [[Ponza]] e na que foron feitos prisioneiros o propio rei e os seus irmáns [[Xoán II de Aragón|Xoán II de Navarra]] e [[Henrique de Trastámara (infante de Aragón)|Henrique]], que foron entregados ao duque de [[Milán]] Filippo María Visconti.<ref name=compendio />
 
En [[1436]] o duque liberou a Xoán de Navarra, que regresou á Península e substituiu á esposa de Afonso V como rexente do reino de [[Aragón]], polo que María quedou unicamente á fronte do [[Condado de Barcelona|principado catalán]]. De contado Afonso negocia a súa liberdade, e chega con Visconti a un acordo polo que ambos os dous asinan unha alianza que lle permitirá a Afonso volver a conquistar Capua e Gaeta en [[1436]] e poñer sitio a Nápoles, no que faleceu o seu irmán Pedro en [[1438]].