Rexurdimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.165.109.208 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Rexurdimento''' é o nome co que se coñece o [[século XIX]] (ou a segunda metade do mesmo) na historia de [[Galiza]] e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en [[1863]] de [[Cantares Gallegos]], obra escrita integramente en galego por [[Rosalía de Castro]], inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a [[Eduardo Pondal]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e mais [[Manuel Curros Enríquez]] como os principais escritores en galego desta época.
== Descrición ==
 
Na primeira metade do [[século XIX]], Galiza foi escenario dunha serie de acontecementos que esbozaron unha nova situación político-cultural que preparou o camiño para o chamado Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos [[Precursores]].
 
Algúns acontecimentosacontecementos históricos importantes contribuíron para espertar a consciencia nacionalista de moitos galegos (non chamada así naquela altura). Un deles foi a invasión francesa, que deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en [[lingua galega|galego]]. A consciencia dunha Galiza diferenciada do resto de España foi aumentando progresivamente. Esta procura da identidade manifestouse en publicacións nas cales os escritores e políticos valorizaban aquilo que vían como propio en oposición ao exterior, considerado como ameaza.
 
En [[1856]] tivo lugar o [[banquete de Conxo]], no que confraternizaron estudantes e traballadores, e no que o [[galeguismo (política)|galeguismo]] tomou características revolucionarias. Reivindicábase o dereito de Galiza a administrar os seus propios recursos, participando homes que terían grande protagonismo no movemento rexionalista galego, como [[Aurelio Aguirre]] ou mesmo [[Eduardo Pondal]].
[[Ficheiro:Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg|miniatura|[[Rosalía de Castro]] inicia o Rexurdimento propiamentopropiamente dito]]
 
{| class="toccolours" border="0" cellpadding="2" cellspacing="10" align="left" style="margin:0.5em;"
Liña 20:
:''Figueiriñas que prantey,
<br />
::Fragmento '''''[[Cantares gallegos''']]'' <ref>[http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetPageById.do?id=CaGa%20%20%20%201&orde=4&format=0 Cantares Gallegos]{{ligazón morta}} na páxina da [[Real Academia Galega]].</ref>
|}
Coa publicación en [[1853]] do primeiro libro escrito en lingua galega no século XIX, ''[[A gaita gallega (libro)|A gaita gallega]]'', deuse un paso importante no sentido da normalización literaria galega. O seu autor foi [[Xoán Manuel Pintos]], que xunto con [[Francisco Añón]], [[Manuel Murguía]] e outros, pertence ao grupo chamado dos Precursores, que ía anticipar o movemento que recibiría o nome de "Rexurdimento" na cultura galega.
Liña 32:
 
==Véxase tamén==
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|[[Xosé Ramón Pena|Pena Sánchez, Xosé Ramón]]}}. ''Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento'',<sup>[http://www.xerais.es/libro.php?id=3159725]</sup> 440 pp., 2014, [[Xerais]], ISBN 978-84-9914-764-2.
===Outros artigos===
*[[Literatura galega do Prerrexurdimento]]