Diferenzas entre revisións de «Piemonte»

A rexión do Piemonte mistura unha baixa natalidade cunha antiga tradición industrial. Así pois a súa man de obra está composta principalmente por inmigrantes do [[Véneto]] e do sur italiano. Durante moito tempo a industria foi o motor económico rexional. Os produtos agrícolas máis cultivados son os [[cereal|cereais]], [[pataca]]s, hortalizas, [[cana de azucre]], [[froita]] e forraxe. Nas zonas dos outeiros é máis acentuado o cultivo da [[vide]]. En canto á gandería, está sobre todo concentrada no bovino e porcino.
 
Máis da metade da poboación piemontesa vive na provincia de [[Turín]], cidade que xorde na confluencia do [[río Po|Po]] e o [[Dora Riapria]]. Debido a esta dispoñibilidade de [[auga]], favoreceuse o nacemento das primeiras industrias da zona: muíños, ferrerías e pequenos talleres de artesanía funcionaban grazas á auga. A partir de [[1945]] a cidade comezou a desenvolverse moi rápido, en parte grazas á presenza da [[FIAT]] que viviu a súa etapa de maior progreso durante os anos cincuenta, cando comezou a vender os primeiros utilitarios. Turín non é só famosa polo sector automobilístico e a súa industria auxiliar (pneumáticos, industrias químicas de vernices e materiais plásticos) senón tamén pola industria alimentaria. Esta concentración de tanta actividade industrial produciu unha importante conxestión urbanística, chegando os limiteslímites da cidade aos outeiros que a rodean, ficando os edificios concentrados nun espazo moi restrinxido.
 
A partir de [[1974]] (ano no que Turín acadou o seu máximo de poboación, 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital entre todo o Piemonte e o sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixe, dende entón Turín perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufriu unha grave [[crise económica]] que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], que favoreceron a imaxe internacional da cidade, aumentando o [[turismo]], o que levou a que a cidade pasase de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobre todo no eido dos deportes de inverno).
230.134

edicións