Diferenzas entre revisións de «Piemonte»

Nos momentos máis críticos ou de transición da historia nacional italiana, o Piemonte fixo importantes contribucións como "laboratorio" político e social, coas folgas de operarios nas guerras mundiais ([[1917]] e [[1943]]), as experiencias torinesas de Gramsci e Piero Gobetti, a intensa participación na resistencia, o industrialismo innovador de Adriano Olivetti ou a estación de loita do outono quente (l'autunno caldo) en [[1969]]. A industrialización da rexión foi impoñente, pasando da estrutura agraria tradicional do Reino dos Savoia, fundamentada na hexemonía dos burócratas e militares e da aristocracia, a un rápido proceso de modernización até converterse nos inicios do [[século XX]], nun dos vértices do triángulo industrial que levaron a cabo o despegue económico italiano.
 
Non faltaron no rápido desenvolvemento, os desequilibrios, sobre todo territoriais, entre a área turinesa, sede principal da industrialización, e a economía aínda maioritariamente rural do resto da rexión. O tecido económico, no que tivo un papel preponderante a FIAT, atraeu nos anos cincuenta e sesenta un grade fluxo migratorio, que provocou profundas transformacións sociais e culturais;. demostrousePorén, sen embargo,demostrouse unha certa fraxilidade do Piemonte fronte á [[globalización]] do fin do [[século XX]], o que supuxo un certo declive industrial e unha alta taxa de desemprego.
 
== Demografía ==
230.105

edicións