Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 50:
O territorio da rexión é de xeito predominante montañoso (ao redor do 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os [[Alpes]], que rodean a zona occidental da rexión, e os [[Apeninos]], situados no límite coa [[Liguria]] e a [[Emilia-Romaña]].
 
O [[río Po]] atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao sudoestesuroeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río [[Ticino]].
 
As altas montañas de máis de 3.000 metros descenden rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, de aí ven o nome da rexión do Piemonte (''al piede dei monti'': ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestruturas ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos.