Vila-mausoleo de Centcelles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 48:
Sobre o estrato de residuos botouse unha capa de grava e area que usouse como base e recheo para o pavimento. Encima desta, unha fina capa de barro compactado que quizais foi o chan da igrexa durante o seu uso na época medieval. Dita afirmación está construída sobre a base da cerámica medieval que se atopou no estrato estratigráfico. Non hai restos do estrato que cubriu o pavimento, [[Hauschild]] dedúceo en base ao recheo preparatorio e pola existencia de ''[[opus signinum]]'' na zona de acceso da cripta. A entrada á cripta mide 1,06 metros de anchura e 1,45 metros de altura. As dimensións globais da cavidade son 3,03 metros de ancho, 3,90 metros de longo e 2,27 metros de profundidade. Este dispositivo, interpretado especialmente como cripta por [[Schlunk]], [[Hauschild]], [[Arbeiter]] e [[Korol]], e por outros autores como 'cisterna', suscita numerosas incógnitas. [[H. Schlunk]], propuxo que o ''[[alveus]]'', bañeira, na que está enterrado [[Pere o Gran de Santes Creus]], procede desta estrutura subterránea. [[X. Dupré Raventós]] dedicoulle un estudo moi detallado en 2002 a esta cuestión, pero sen dúbida a proposta de [[Schlunk]], seguida por [[Arbeiter]] e [[Korol]], suscita de forma aínda máis complexa a interpretación deste espazo subterráneo. Por outra banda, unha cavidade moderna dá acceso á subcripta, unha cámara de 3,60 metros x 2,70 metros, cunha altura de 1,43 metros. Ademais, ao parecer a cámara foi cuberta por unha capa de barro, o que se interpretou como un lugar non accesible, é dicir que a súa función limitábase a manter seca a cripta principal.
 
A sala de planta centrada cuadrilobulada sen cúpula, anexa á estrutura conservada con mosaico na cúpula, ten unhas exedras que miden 6,20 metros de altura e 4,80 metros de diámetro. O cadrado inscrito no centro mide 7 metros de longo e posiblemente estaría cuberto por unha bóveda de aristaaresta a menos que fose unha cúpula como na outra sala. Ademais da intercomunicación coa sala do Leste, houbo unha abertura exterior, que tamén foi pechada e transformada.
 
Ao norte hai outras dependencias, as cales teñen un ''[[hipocaustum]]'', é dicir un recinto de pequenas termas semiacabadas que nunca foron utilizadas. Hai numerosas salas con evidencias de ''[[praefurnium]]'', pero non son termas senón que se utilizaron para quentar o pavimento. En Centcelles faltan as instalacións de servizo, e do mesmo xeito que outras construcións do ámbito rural do século IV, non chegaron a concluírse as obras.