Diferenzas entre revisións de «Vila-mausoleo de Centcelles»

m
(a primeira edición de esta páxina procede da información de es:Villa-mausoleo de Centcelles)
 
==Contexto histórico e xeográfico==
 
Durante a [[Antigüidade tardía]], trala reforma administrativa e territorial de [[Diocleciano]], [[Tarraco]] entrou no século IV perdendo máis da metade da extensión do seu antigo territorio provincial quedándo integrada na diócesedicese de [[Hispaniarum]], con capital en [[Emerita Augusta]]. Isto supuxo un claro retroceso para unha cidade que con anterioridade gozara de ser o centro administrativo e punto de conexión co [[Mediterráneo]]. Ademais de todo isto, as incursións bárbaras do ano ca.circa [[260]] non a favoreceron, aínda que é difícil coñecer o verdadeiro grado de afectación destas incursións a través das fontes escritas.
En época tardía [[Tarraco]] terá problemas para xestionar e manter en uso os espazos e equipamientos públicos creados a partir de finais do século III inicios do IV. O sistema de saneamento público sufriu alteracións que non chegaron a corrixirse, o que supuxo unha colmatación monumental e inutilización do sistema de cloacas. Tamén sufriu a caída do teito da piscina limaria que almacenaba a auga captada do subsolo; o cal non foi retirado nin substituído, malia que a fonte seguiría utilizándose. Esta tendencia regresiva esténdese ata finais do século IV, inicios do V, momento en que empezan a detectarse importantes transformacións urbanísticas
Nos últimos anos do século IV, debido ao [[Codex Theodosianus]], ordenarase a destrución dos templos pagáns e a súa purificación mediante o signo da cruz.
Na parte alta da cidade de Tarraco integraranse unha serie de edificios civís na transformación urbanística, tales como, ''[[eclessia]]'', ''[[monasterium]]'', ''[[praetorium]]'', entre outros.
A partir de finais do século III, inicios do IV, as ''[[villae]]'' sufrirán unha transformación nalgún caso asociada á referencia do [[Codex Theodosianus]] e do proceso de destrución. Só unaunha das ''[[villae]]'' da zona recuperou un elevado nivel de suntuosidade a mediados do século IV , construíndo o edificio sobre as ruínas dunha vila anterior.
Este panorama cambiou a partir do século V, cando [[Tarraco]] volveu reivindicar un espazo no mapa político contemporáneo por ser elixida sede elixida por [[Geroncio]] para a entronización de usurpador [[Máximo de Hispania|Máximo]] como emperador e converterse así en base das operacións militares do Imperio en Hispania. Poida que isto traducísese na monumentalización do edificio central de Centcelles.
 
19.680

edicións