Reino de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
u
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Liña 1:
'''Northumbria''' (en [[Inglés antigo|saxón antigo]]: ''Norþanhymbra''; en [[Lingua nórdica antiga|nórdico antigo]]: ''Norðimbraland'', nome que reflicte a súa localización ao norte do [[río Humber]]) foi un dos reinos menores dos [[anglos]], mencionado no [[século XII]] por [[Henrique de Huntingdon]] como parte da [[Heptarquía anglosaxoa|Heptarquía]] anglosaxoa-xuta, os dominios establecidos polos pobos xermánicos que comezaron a invadir [[Gran Bretaña]] a finais do [[Século V]], cando xa había case 70 anos que fora abandonada polas lexións [[Imperio Romano|romanas]].
 
Fundada por anglos baixo o mando de [[EtelfridÆthelfrith de Northumbria|EtelfridÆthelfrith]] (''Ethelfrith'') no que hoxe é o nordés [[Inglaterra|inglés]] no ano [[593]] a partir da unión doutros dous reinos menores, [[Bernicia]] e [[Deira (reino)|Deira]], floreceu no [[século VII]], chegando a estenderse polas [[Highlands|Terras Altas escocesas]] e [[Gales]], desde o Humber até o [[Estuario de Forth|Forth.]] Tivo a súa capital en [[Whitby]], sede do coñecido [[Sínodo de Whitby|sínodo homónimo]] que decidiu en favor do [[Rito romano|rito cristián romano]] fronte ao [[Cristianismo celta|irlandés]] para ser implantado en terras británicas.
 
O territorio northumbrio foi ocupado polos [[Dinamarca|daneses]] no [[século IX]] e integrouse ao reino de [[Inglaterra]] en [[829]], da man das conquistas de [[Egbert de Wessex|Egbert]] de [[Wessex]].