Partido Comunista de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 23:
O '''Partido Comunista de Galicia''' ('''PCG''') constitúe a federación galega do [[Partido Comunista de España]], forma parte de [[Esquerda Unida-Izquierda Unida]] e ten como única lingua oficial o [[lingua galega|galego]], o seu himno é ''[[A Internacional]]'' e o seu órgano de expresión é ''[[A Voz do Pobo]]'' publicado desde [[agosto]] de [[1969]]. As súas xuventudes organízanse na [[Xuventude Comunista]].
 
== Historia e características ==
O PCG constituíuse en [[1968]], o congreso constituínte celebrouse no exilio, en [[París]]. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE. O seu primeiro secretario xeral foi [[Santiago Álvarez]].