Inflación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
A existencia de inflación durante un período implica un aumento sostido (xa que se incrementa a medida que pasa o tempo) do prezo dos bens en xeral. Para poder medir ese aumento, créanse diferentes índices que miden o crecemento medio porcentual dunha ''canastra de bens'' ponderada en función do que se queira medir.
 
O índice máis utilizado para medir a inflación é o "IndiceÍndice de Prezos de Consumo" ou [[IPC]], o cal indica porcentualmente a variación no prezo media dos bens e servizos que adquire un consumidor típico en dous períodos de tempo, usando como referencia o que se denomina nalgúns países a ''cesta básica''.
 
Existen outros índices como son o "índice de prezos ao maiorista" (IPM) e o "índice de prezos ao produtor", os cales difiren do IPC en que non inclúen gravames e impostos, nin a ganancia obtida por almacenistas e produtores. Estes índices son utilizados para facer medicións específicas no comportamento da economía dun país, pero non utilizados como índices oficiais de inflación.