Roupa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Pudor: texto traducido desde a wiki .ca:Roba#Pudor
Liña 11:
A palabra ''roupa'' deriva etimolóxicamente da expresión xermánica antiga «''raupjan''» (roubar, saquear) que derivaría posteriormente o noso verbo [[Roubo|roubar]] e tamén por asimilación en 'roupa', debido a que as pezas de vestir eran obxecto cobizado de pillaxe. A roupa, xa que logo, eran deses obxectos susceptibles de ser roubados, quedando posteriormente reducida ás pezas persoais de vestir. En italiano, tamén se atopa hoxe en día a palabra ''rouba'' cun significado moito máis amplo que a nosa galega roupa, xa que inclúe ademais outros obxectos, xeralmente bens consumibles e mobles.
== Utilidades da roupa ==
===Intemperie===
[[Ficheiro:Yellow Raincoat.jpg|miniatura|Neno con un impermeable e [[botas de auga]]]]
A roupa serve para protexerse do clima frío ou cálido e cumpre unha función estética ou de adorno:
 
[[Ficheiro:Uriangato ropa.JPG|miniatura|tenda de roupa]]
* [[Frío]]: A roupa facilita a circulación do aire ao redor da pel e evita xa que logo o contacto do aire frío coa pel. Por outra banda, as fibras dos tecidos capturan aire e inmobilízano; este aire capturado ten unha mala [[condutividade térmica]] (este feito tamén se explota nas [[fiestra]]s de dobre cristal).
* [[Sol|Sol intenso]]: Os tecidos claros evitan a [[radiación ultravioleta]] e as [[queimadura solar|queimaduras]] na pel, e xa que logo protexen da calor.
* [[Precipitación (meteoroloxía)|Precipitación]] ([[choiva]], [[neve]]) etc: Algúns tecidos, chamados [[Permeabilidade|impermeables]], impiden o contacto da auga coa pel. A auga de choiva ou similar (e por suposto a neve) ao ter unha temperatura máis baixa que a do corpo humano, quítanlle calor cando entran en contacto con el, o que provoca na persoa un enfriamento importante que, nos casos extremos ou prolongados ([[hipotermia]]) pode facer perigar a vida.
=== Pudor ===
[[Ficheiro:Uriangato ropa.JPG|miniatura|tenda de roupa]]
A roupa protexe o [[pudor]]. O pudor é un sentimento inculcado de forma [[cultura]]l de tal xeito que toma formas moi diferentes en cada sociedade. Habitualmente, o que é ou non aceptable adoita ser diferente para [[home]]s e [[ muller]]es. Nalgúns casos, requírese que a muller vaia tapada de xeito total, mentres que noutros a nudez total ou parcial é aceptada, polo menos nalgúns casos.
 
En numerosas sociedades, esta mal visto descubrir o corpo e, na maioría, os [[Aparato reprodutor|órganos sexuais]] deben ser escondidos. O vestido, escondendo o corpo, disimula igualmente as reaccións primarias e [[instinto|instintivas]] (como a [[pel|pel de galiña]], a [[erección]] no home) e, permitindo pois discorrer o [[diálogo]], a [[Meditación|reflexión]], antes dos instintos. Doutra banda, a vista das zonas sexuais primarias e secundarias (órganos xenitales, nádegas, peito feminino) provoca a miúdo un desexo, unha atracción; enmascarar estes órganos permite ver no outro un individuo antes de ver un compañeiro sexual potencial e, polo que de novo, poder dar protagonismo ao diálogo antes do instinto.
 
É por este motivo polo que nos podemos preguntarse se o pudor precedeu o vestido - como fai pensar os taparrabos dos pobos que viven case espidos, por exemplo os [[estoxo]]s do [[pene]] en [[Oceanía]] ou os [[taparrabos]]-, ou ben se o pudor resulta do enmascaramento do corpo, non permitindo a visión do que é impropio incluso cando o tempo o permitia descubrilo - ver por exemplo os decretos municipais prohibindo o torso espido fóra da praia, ou ben os testemuños de practicantes do [[nudismo]] (a emoción sería creada pola falta).
 
Noutras culturas hai ou existiron outras formas de pudor, como mostrar os pés femininos na cultura chinesa, a exposición da cara (homes tuaregs, mulleres árabes), que outros observen a inxestión de alimentos, a erección pública ou que observen os xenitais en tribos que viven basicamente en [[nudez]], entre outros. Ata hai culturas que senten pudor para desprenderse dos aneis labiais. Tamén hai culturas que non senten ningún pudor pola exposición do corpo ou para mostrar [[sexualidade|actividades sexuais]] en público.
 
== Materiais de confección de roupa ==
Hai moitos materiais cos cales se poden confeccionar pezas de roupa. Distínguese entre eses materiais os de orixe natural e os materiais sintéticos. Entre os naturais distínguense os de orixe animal, como a [[seda]], a [[la]] ou o [[coiro]], e os de orixe vexetal, como o [[algodón]] e o [[Lino (textil)|lino]]. Entre os de materiais sintéticos destacan o [[poliéster]] é o [[alastano]].