Segunda cruzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''A Segunda Cruzada''' (1145-1149) foi a segunda gran [[cruzada]] lanzada desde Europa pola cristiandade [[Igrexa Católica Latina|católica]] ('latina') como Guerra Santa contra o [[Islam]]. A Segunda Cruzada comezou en resposta á caída do Condado de Edesa o ano anterior en mans do turco Zengi. O condado fora fundado en 1098 durante a [[Primeira Cruzada]] (1096-1099) polo rei [[Balduíno I de Xerusalén|Balduíno de Boloña]]. Así como fora o primeiro estado cruzado a ser fundado, foi despois o primeiro que caeu.
 
A Segunda Cruzada foi anunciada polo papa [[Uxío III, papa|Uxío III]], e foi a primeira comandada por reis europeos, é dicir, por [[Luis VII|Luís VII de Francia]] e [[Conrado III|Conrado III de Alemaña]], máis a axuda dunha serie doutros nobres europeos. Os exércitos dos dous reis cruzaron Europa por separado e despois de pasar polo territorio [[bizantino]] para Anatolia, os dous foron derrotados polos turcos [[selxúcidas]].
A principal fonte cristiá occidental, Eudes de Deuil, e fontes siríacas cristiás afirman que o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador bizantino]] [[Manuel I Comneno]] secretamente empeceu o avance dos cruzados, particularmente en Anatolia onde, dise, fixo que os turcos os atacasen. Luís e Conrado, cos restos dos seus exércitos chegaron a [[Xerusalén]] e participaron, en 1148, do mal aconsellado ataque a [[Damasco]]. A cruzada en Oriente foi un fracaso para os cruzados e unha gran vitoria para os [[musulmáns]]. Tería unha influencia clave posterior: a caída de Xerusalén, que a finais do século XII daría lugar á [[Terceira Cruzada]].