Roupa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
== Etimoloxía ==
A palabra ''roupa'' deriva etimolóxicamente da expresión xermánica antiga «''raupjan''» (roubar, saquear) que derivaría posteriormente o noso verbo [[Roubo|roubar]] e tamén por asimilación en 'roupa', debido a que as pezas de vestir eran obxecto cobizado de pillaxe. A roupa, xa que logo, eran deses obxectos susceptibles de ser roubados, quedando posteriormente reducida ás pezas persoais de vestir. En italiano, tamén se atopa hoxe en día a palabra ''rouba'' cun significado moito máis amplo que a nosa galega roupa, xa que inclúe ademais outros obxectos, xeralmente bens consumibles e mobles.
== Utilidades da roupa ==
A roupa serve para protexerse do clima frío ou cálido e cumpre unha función estética ou de adorno:
[[Ficheiro:Uriangato ropa.JPG|miniatura|tenda de roupa]]
* [[Frío]]: A roupa facilita a circulación do aire ao redor da pel e evita xa que logo o contacto do aire frío coa pel. Por outra banda, as fibras dos tecidos capturan aire e inmobilízano; este aire capturado ten unha mala [[condutividade térmica]] (este feito tamén se explota nas [[fiestra]]s de dobre cristal).
* [[Sol|Sol intenso]]: Os tecidos claros evitan a [[radiación ultravioleta]] e as [[queimadura solar|queimaduras]] na pel, e xa que logo protexen da calor.
* [[Precipitación (meteoroloxía)|Precipitación]] ([[choiva]], [[neve]]) etc: Algúns tecidos, chamados [[Permeabilidade|impermeables]], impiden o contacto da auga coa pel. A auga de choiva ou similar (e por suposto a neve) ao ter unha temperatura máis baixa que a do corpo humano, quítanlle calor cando entran en contacto con el, o que provoca na persoa un enfriamento importante que, nos casos extremos ou prolongados ([[hipotermia]]) pode facer perigar a vida.
 
== Orixes e historia==
Desde o principio dos tempos ata os nosos días, a vestimenta sufriu numerosas transformacións que na maioría dos casos foron debidas ao descubrimento de novos tecidos e materiais e, indudablemente, ás tendencias que dictan os deseñadores.