Eduardo Cobián Roffignac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
=== Vida política ===
En [[Eleccións Xerais 1884 en España|1884]] presentouse ás eleccións ao [[congreso dos Deputados]] pola circunscrición de Xetafe, pero non saíu elixido. Conseguiuno [[Eleccións Xerais 1886 en España|dous anos despois]] polo distrito da [[A Cañiza|Cañiza]]. Tanto nas [[Eleccións Xerais 1893 en España|eleccións de 1893]] como nas de [[Eleccións Xerais 1896 en España|1896]] accedeu polo distrito de [[Xinzo de Limia]]. En [[1898]] pasouse ao [[Senado de España|Senado]], colaborando con asuntos relativos á defensa. En [[Eleccións Xerais 1901 en España|1901]] volveu ao Congreso, repetindo como deputado por Xinzo de Limia até a súa morte. Foi nomeado [[Ministerio de MarinaMariña de España|Ministro de MarinaMariña]] en [[1903]] e [[1905]]. Trala morte de [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]], os ''villaverdistas'' agrupáronse en torno ao avogado pontevedrés. O grupo ''villaverdista'' disolveuse o [[17 de xullo]] de [[1906]], e varios deles, como [[Santiago Alba|Alba]], [[Rafael Gasset Chinchilla|Gasset]] ou Burell, integráronse no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]].
 
O seu novo partido promoveuno en 1906 para a presidencia da Comisión de Orzamentos. Despois do período gris que para Cobián supuxo o longo goberno de [[Antonio Maura|Maura]], o [[9 de febreiro]] de [[1910]] convertiuse en [[Ministerio de Economía e Facenda de España|ministro de Facenda]]. Nas eleccións do [[8 de maio]] de 1910, ademais de acadar a acta por Xinzo, os seus fillos Eduardo e Juan José foron elixidos por Xetafe e [[O Barco de Valdeorras]]. Pero trala súa renuncia á acta de Xinzo de Limia por resultar elixido simultaneamente por [[Santa Cruz de Tenerife]], foi designado deputado o seu secretario [[Francisco Barber Sánchez]].