Camillo Golgi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
lingua
Liña 28:
Fillo dun funcionario do departamento médico, estudou medicina na Universidade de [[Pavía]], onde se graduou en [[1865]]. Traballou algún tempo na clínica psiquiátrica do [[criminólogo]] [[Cesar Lombroso]], pero pronto se interesou pola [[histoloxía]]. En [[1872]] comezou a traballar no pavillón de incurábeis dun hospital de [[Abbiategrasso]]. Exerceu como profesor de [[anatomía]] nas Universidades de [[Turín]] e [[Siena]] e como catedrático de histoloxía na de [[Pavía]], da que chegou a ser decano da Facultade de Medicina e reitor.
 
A pesar dos escasos medios con que contaba, logrou importantes resultados cos seus experimentos, entre os que destaca o método da [[tintura]] mediante [[nitrato de prata]], que supuxo unha revolución no estudo en laboratorio dos tecidos nerviosos. Empregando este método, identificou unha clase de célula nerviosa dotada dunhas extensións (ou [[dendritasdendrita]]s) mediante as cales se conectan entre si outras células nerviosas. Este descubrimento permitiu a [[Wilhelm von Waldeyer-Haltz]] formular a hipótese de que as células nerviosas son as unidades estruturais básicas do [[sistema nervioso]], hipótese que máis tarde demostraría [[Santiago Ramón y Cajal]], quen desenvolveu a [[teoría neuronal]].
 
En [[1876]], tralo seu regreso á Universidade de Pavía, continuou o exame das células nerviosas, e obtivo probas da existencia dunha rede irregular de fibriñas, cavidades e gránulos, que na súa honra pasaron a denominarse [[aparello de Golgi]] e que desempeña un papel esencial en operacións celulares como a construción da [[membrana celular|membrana]], o almacenamento de [[lípido]]s e [[proteína]]s ou o transporte de partículas ó longo da [[membrana plasmática]].