Ireneu de Lión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Retiro marcados dos "1000 artigos que toda wikipedia debería ter"
m cambio ligazóns a homónimos
Liña 22:
Irineo naceu na primeira metade do século II (segundo uns, entre os anos 115 e 125, segundo outros entre 130 e 142). Crese que fora grego, nado na mesma cidade que Policarpo, [[Esmirna]], en [[Anatolia|Asia Menor]], (hoxe İzmir, [[Turquía]]).<ref>O propio Ireneo conta (Contra as herexías 3.3.4, cf Eusebio ''Historia Ecclesiastica'' 5.20.5ff) que na súa 'mocidade' viu a Policarpo, bispo de Esmirna martirizado c156. Esta é a proba usada para supór que Irineo naceu en Esmirna arredor da década que vai de 130 a 140.</ref> A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, non se converteu na idade adulta senón que se criou nunha familia cristiá.
 
Durante a persecución de [[Marco Aurelio]], emperador romano entre 161 e 180, Irineo foi crego da Igrexa de [[Lión]]. O clero desa cidade, que tiña moitos dos seus membros encarcerados, en 177 enviouno cunha carta para [[Eleuterio, papa|Eleuterio]], o bispo de Roma, na que pedía tratar con suavidade aos [[Montanismo|montanistas]] de [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Mentres Irineo estaba en [[Roma]], en Lión ocorreu unha matanza. Xa de regreso na [[Galia]], Ireneo sucedeu ao martirizado primeiro bispo de Lión, [[Potino]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.4.1</ref>
 
Sábese pouco sobre a súa carreira como bispo. Despois da persecución de Marco Aurelio seguiu certa paz relixiosa. Irineo escribiu obras contra o gnosticismo. A máis famosa é ''Adversus haereses'' ("Contra as herexías") un tratado de 5 volumes de arredor do ano 180. Ireneo suxire que tería contacto con gnósticos e os seus escritos, e isto quizais acontecera en Asia Menor ou Roma.<ref>Irineo, ''Contra as herexías'', 1.pr.2, 4.pr.2</ref> Porén, parece que tamén había gnósticos preto de Lión: Irineo escribe que había seguidores de [[Simón o Mago]] que vivían e ensinaban no val do [[Río Ródano|Ródano]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.24.1</ref>
Liña 56:
 
==A teoloxía de Irineo e o seu contraste co gnosticismo==
O punto central da [[teoloxía]] de Irineo é a unidade e bondade de Deus, en oposición á teoría gnóstica sobre Deus que fala dunha serie de emanacións divinas ([[Eón (gnosticismo)|Eóns]]) e distingue entre a [[Mónada]] e o [[Demiúrgo]]. Irineo usa a teoloxía do [[Logos]] que herdou de [[Xustino Mártir]]. Irineo foi estudante de [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]], de que se di que foi instruído por [[Xoán o Evanxelista|Xoán o Apóstolo]].<ref>McDonald & Sanders, p. 368</ref> (Xoán usara a terminoloxía do Logos no ''[[Evanxeo de Xoán]]'' e na ''[[Primeira Epístola de Xoán]]''). Irineo prefire falar do [[Xesús de Nazaret|Fillo]] e o [[Espírito Santo]] como as "mans de Deus".
 
===A unidade da historia da salvación===
Liña 122:
===[[Anticristo]]===
Irineo identificou o [[Anticristo]], outro nome do apóstata Home do Pecado, con o pequeno corno de [[Libro de Daniel|Daniel]] e da Besta de [[Xoán de Patmos|Xoán]] (''Apocalipse 13''). El procurou aplicar outras expresións para o Anticristo, como "a abominación da desolación", mencionada por Cristo (Mat. 24:15) e o "rei da máis feroz faciana ", na explicación de [[Arcanxo Gabriel|Gabriel]] sobre o corno pequeno de ''Daniel 8''. Pero non está moi claro como "o sacrificio e a libación será retirado" durante a "media semana ", ou os tres anos e medio do reinado do Anticristo.<ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 28"</ref><ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 25, sec. 2–4".</ref>[94]
Baixo a noción de que o Anticristo, como un único individuo, quizais fora de orixe xudía, Irineo imaxina que a mención de "[[Dan (tribo)|Dan]]", en ''Xeremías 08:16'', e a omisión dese nome das tribos enumeradas en ''Apocalipse 7'', pode indicar a tribo do Anticristo. Esta suposición converteuse na base dunha serie de interpretacións que posteriormente fixeron outros.<ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 25, sec. 3".</ref><ref>Froom, LeRoy (1950). ''The Prophetic Faith of our Fathers''. Review and Herald Publishing Association.</ref>
 
===Tempo, tempos e metade dun tempo===