Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 246:
[[Ficheiro:Real Monte Carlo Casino.jpg|miniatura|Real Casino de [[Monte Carlo]].]]
 
Unha das principais fontes de ingresos de Mónaco son os [[turismo|turistas]], polo xeral atraidosatraídos polo clima e o casino (no cal aos propios monegascos non se lles permite). En [[2001]], un novo e importante proxecto de construción ampliou o peirao utilizado por cruceiros no porto principal. O Principado tratou de dar un pulo aos servizos e pequenas industrias, e non así a aquelas industrias contaminantes, tales como as de cosméticos e biotérmicas. O estado mantén os monopolios en numerosos sectores, como o tabaco e o servizo postal. A rede telefónica (''Monaco Telecom'') era propiedade do estado, mais agora este posúe o 45% das súas accións, mentres que o 55% restante perténcelle a ''Cable and Wireless'' (49%) e á ''Compagnie Monégasque de Banque'' (6%). Con todo, hoxe en día, a telefonía segue sendo un monopolio. Os niveis de vida son altos, comparables aos das áreas metropolitanas prósperas [[Francia|francesas]].
 
Mónaco non é membro da [[Unión Europea]], mais está estreitamente vinculado a ela a través dunha unión aduaneira con Francia. A moeda de uso corrente é o [[euro]] con deseños monegascos na súa cara nacional. No ano [[2000]], un informe dos parlamentarios franceses Arnaud Montebourg e Vincent Peillon, dicía que Mónaco alegara a laxitude das políticas de branqueo de diñeiro, mesmo dentro do seu famoso casino, e que o Goberno de Mónaco exercía presión política sobre o [[poder xudicial]] a fin de que os presuntos crimes non foran axeitadamente investigados.