Feo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 24:
O feo solto trasladábase a unha zona designada para o amoreamento —normalmente unha zona algo elevada para drenar a auga— onde se formaba unha pía de feo ou palleiro. A pía facíase a proba de auga (unha tarefa de considerábel habilidade) e o feo comprimíase baixo o seu propio peso e curábase pola liberación de calor da humidade residual do feo e das forzas de compresión. A pía arrodeábase dun valado para a separar do resto da leira. Cando facía falla, o palleiro abríase cun coitelo e cada día parte de el utilizábase para alimentar os animais. Dependendo da zona, o palleiro podía estar apoiado sobre dunha estrutura interna ou baixo un tellado móbil que se podía baixar mentres se retiraba feo.
 
Nalgunhas granxas, o feo solto almacenábase nun [[alpendre]] ou [[alboio]], normalmente de xeito que se comprimise e curase. O feo podía almacenarse no sollado do alpendre, sobre dos animais, ou nunha [[alpendre|palleira]], especialmente deseñada para abeirar o feo.
 
O monllos de feo producen calor interno por mor da fermentación bacteriana. Se se amorea feo con herba húmida, a calor producida pode ser de abondo para prender lume no palleiro. Os granxeiros teñen que ter conta dos niveis de humidade para evitaren esta "combustión espontánea".