Soundgarden: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Biografía ==
=== As orixes: Seattle ===
A pesarespesar de ser unha das principais bandas do movemento [[grunge]] e, así como [[Pearl Jam]] e [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], ter nacido en [[Seattle]], os dous membros fundadores de Soundgarden non son desa cidade. [[Kim Thayil]] (guitarrista), [[Hiro Yamamoto]] (baixista) e [[Bruce Pavitt]] eran amigos en [[Illinois]], e, en [[1981]], decidiron mudarse para [[Olympia]] para tentar matricularse nalgunha universidade. Despois mudáronse para [[Seattle]], atraídos pola escena musical desa cidade (Thayil coñecía a cidade xa que vivira alí unha parte da súa infancia). Thayil e Hiro formaron algunhas bandas, entre elas Shemps, ao lado do guitarrista Matt Dentino. Despois dalgún tempo, Hiro participou noutra banda que tiña como batería a un xove [[Chris Cornell]]. Thayil uniuse a eles en [[1984]] e chamáronlle á banda Soundgarden. Cornell pasou a ser o vocalista da banda e Scott Sundquist ocupou a batería durante un ano. Bruce non seguiu os pasos dos seus amigos: el fundou un fanzine que tempo despois converteríase no selo alternativo [[Sub Pop]].
 
Nos primeiros anos da banda, eles tocaron e fixeron nome nos clubs de [[Seattle]]. Chegaron a tocar algunhas veces com [[Hüsker Dü]] e [[The Melvins]]. A escena [[grunge]] estaba comezando a formarse, e Soundgarden estaba vivindo e axudando a crear ese momento. O son da banda aínda non estaba moi ben definido: era unha mestura de heavy metal cun son máis alternativo. En [[1986]], eles gravaron dúas cancións para un disco chamado ''Deep Six'', que tiña no seu playlist a outras bandas como [[The Melvins]], Skin Yard e [[Green River]] (o embrión de [[Mudhoney]] e de [[Mother Love Bone]]). Aínda en [[1986]], cambian de batería: sae Scott (que estaba casado e tiña fillos) e entra [[Matt Cameron]], que tocaba en Skin Yard.