Herpesvirales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 13:
Os '''''Herpesvirales''''' son unha orde de [[virus]] [[icosaedro|icosaédricos]] [[virus de ADN|de ADN]] que comparten a mesma morfoloxía xeral.
 
== Viroloxía ==
 
Todos os virus herpes teñen unha estrutura da [[cápsida]] icosaédrica, que rodea o [[ADN]] situado na parte central, a cal está formada por 12 [[capsómero]]s pentavalentes e 150 hexavalentes (T = 16). A cápsida ten un diámetro de ~110  [[nanómetro]]s (nm) e está incrustada nunha matriz proteinácea chamada tegumento, que á súa vez está encerrada nunha envoltura lipídica que contén [[glicoproteína]]s cun diámetro de aproximadamente 200 nm.
Liña 21:
Especies deste orde infectan animais vertebrados ou invertebrados e tamén ao home.
 
== Historia ==
O xénero ''Herpesvirus'' foi establecido en 1971 no primeiro informe do [[Comité Internacional de Taxonomía de Virus]] (ICTV). O xénero constaba de 23 virus e 4 grupos de virus. No segundo informe do ICTV de 1976 este xénero foi elevado ao nivel de familia, os ''Herpetoviridae''. Debido á posible confusión que se podía dar cos virus derivados de [[réptiles]] este nome foi cambiado no terceiro informe de 1979 a ''Herpesviridae''. Neste informe a familia ''Herpesviridae'' foi dividida en tres subfamilias (''Alphaherpesvirinae'', ''Betaherpesvirinae'' e ''Gammaherpesvirinae'') e 5 xéneros sen nome: na lista había 21 virus en total. En 2009 a familia ''Herpesviridae'' foi elevada á categoría de orde co nome ''Herpesvirales''. Esta elevación foi necesaria debido ao descubrimento de que os virus herpes de [[peixes]] e [[moluscos]] estaban relacionados só moi distantemente cos de [[aves]] e [[mamíferos]]. Creáronse dúas novas familias, a familia ''Alloherpesviridae'', que incorpora os virus de peixes óseos e ras, e a familia dos ''Malacoherpesviridae'', que contén os de moluscos.
 
A orde ten actualmente 3 familias, 3 subfamilias e 1 grupo de non asignados, e ten 17 xéneros, 90 especies e máis de 48 virus aínda non asignados.<ref name="Davison2010">Davison AJ (2010) Herpesvirus systematics. Vet. Microbiol. 143(1-2): 52–69</ref>
 
== Sistema de nomenclatura ==
 
O sistema de nomenclatura dos virus herpes orixinouse en 1973 e foi moi elaborado desde entón. O sistema de nomenclatura recomendado especificaba que cada virus herpes debería nomearse polo [[taxon]] (familia ou subfamilia) á cal pertence o seu [[hóspede]] natural principal. O nome da subfamilia utilízase para virus procedentes de mamíferos da familia ''[[Bovidae]]'' ou de [[primates]] (o nome do virus acaba en –ino, por exemplo bovino), e o nome da familia hóspede para outros virus (acabado en –ido, por exemplo équido). Os virus herpes humanos foron tratados como unha excepción dentro deste sistema (usan ''humano'' en vez de ''homínido''). Ao termo derivado do hóspede, engádese a palabra ''herpesvirus'', seguida dun número arábigo (1,2,3,...). Estas dúas últimas adicións ao nome non implican ningún significado sobre as propiedades taxonómicas ou biolóxicas do virus.
Liña 32:
Hai algunhas excepcións máis a este sistema. Varios nomes de virus (como o [[virus Epstein–Barr]]) están tan difundidos que non é práctico insistir no seu cambio. Isto levou a que na práctica exista unha nomenclatura dual na literatura científica para algúns dos virus herpes. Todos os virus herpes novos descritos desde que se adoptou este sistema foron nomeados de acordo con el.
 
== Filoxenética ==
 
A ramificación que presenta esta orde suxire que ''Alloherpesviridae'' é o [[clado]] basal e que ''Herpesviridae'' e ''Malacoherpesviridae'' son [[clado irmán|clados irmáns]].<ref name="Davison2010"/> A gran distancia filoxenética entre os [[vertebrados]] e os [[moluscos]], que son grupos animais con virus herpes, suxire que os herpesviruses eran inicialmente virus de [[peixes]] e que [[evolución|evolucionaron]] cos seus [[hóspede]]s para infectar a outros vertebrados.
 
== Notas ==
 
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://talk.ictvonline.org/media/p/174/download.aspx Proposta aceptada polo ICTV]
 
{{Clasificación de Baltimore}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Virus]]