Daniel González Alén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Daniel González Alén''', nado en [[Lalín]] o [[14 de agosto]] de [[1951]], é un escritor e investigador galego.
 
== Traxectoria ==
Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de [[Silleda]] e Ribadavia.
 
Colaborador en ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Faro de Vigo]]'' e anos atrás en ''[[El Correo Gallego]]'' (1973-1976) e ''[[A Nosa Terra]]'' (1983-1986). Tamén colabora nas emisoras Radio Lalín,'' Radio Pontevedra e anteriormente en [[Radio Nacional de España]] ([[1981]]-[[1983|198]]5) e Radio Noroeste (1987-1993), Tamén ten participado en numerosos programas na [[Televisión de Galicia|TVG]] e na [[TVE]]. Foi correspondente do [[Museo de Pontevedra]] e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.
 
Traballou como director e guionista do grupo [[Deza Cine Galego|Deza Cinema Galego]] e participando nas películas (''[[O campo galego]]'', ''[[Fiadeiras de Zobra]]'', ''[[Consello do compadre]]'', ''Loita'', ''Lalín'', ''[[Cantigas da emigración]]'' e ''[[Santuario do Faro]]'') premiadas en numerosos festivais de cine aficionado como o de [[Vilagarcía de Arousa]], [[Vigo]] e [[Lugo]], e proxectandoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal ''La Defensa'' de Lalín ([[1980]]) e colaborou, ademais, na redacción da [[Gran Enciclopedia Galega]].
 
En 2008 obtivo o "XV Premio Nacional de Periodismo Alvaro Cunqueiro" e en 2015, recibeu a distinción de "Lalinense do Ano 2015: Traxectoría de toda unha vida" en recoñecemento ao seu labor como crónista da vila de Lalín e a prol do estudo e divulgación da historia e do patrimonio da [[comarca de Deza]].
 
== Obra en galego ==
=== Ensaio ===
* ''Coñece Lalín. Comarca do Deza'' ([[1994]]).
* ''[[Joaquín Loriga|Loriga]]: O home que baixou do ceo'' ([[1997]]).
* ''O aviador Loriga'' (1989) e ''[[Wenceslao Calvo Garra|W. Calvo Garra]]: Vida de un científico'' ([[1991]]), na colección de fillos ilustres da [[provincia de Pontevedra]], patrocinada pola [[Deputación Provincial de Pontevedra]]
* ''Vidal Payo: Unha vida en pedra'' ([[1996]]).
* ''O reloxeiro Evangelino Taboada'' ([[1998]]).
* ''Lalín, cen anos en fotos'' ([[1999]]).
* Lalín: 25 anos de corporacións democráticas. (2004).
* A Feira do Cocido, 40 anos de historia. (2009)
 
=== Obras colectivas ===
* ''A comarca do Deza'', en colaboración con [[Armando Vázquez Crespo]] (1989- [[1997]]).
* ''[[Manuel Daniel Varela Buxán|Manuel D. Varela Buxán]]: O patriarca do teatro galego'' ([[2000]]).
 
== Obra en castelán ==
=== Ensaio ===
* ''Hijos ilustres de Lalín: El aviador Loriga'' (1976).
* ''Silleda, la tierra de Trasdeza en la Galicia Central'' ([[1978]]).
 
== Véxase tamén ==
Liña 36:
 
{{ORDENAR:Gonzalez Alen, Daniel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]