Ramón Reimunde Noreña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Ramón Reimunde Noreña''' ou '''Ramom Reimunde Norenha''', nado en [[San Martiño de Mondoñedo, Foz]] o [[18 de abril]] de [[1949]], é un profesor e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou Enxeñería Naval en [[Oviedo]] e [[Madrid]], Náutica na [[A Coruña|Coruña]] e Filoloxía en [[Santiago de Compostela]]. Foi piloto e capitán de Mariña Mercante (título obtido en [[1979]]), licenciado en Filoloxía Hispánica (1979) e en Filoloxía Galego-Portuguesa ([[1982]]). En [[1981]] foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega, con destinos en [[Viveiro]], [[Lugo]] e [[Foz]], accedendo en [[1992]] á condición de catedrático de Lingua Galega. Ten navegado por tódolos mares do mundo como oficial, desde [[1972]] ata 1979, en barcos españois e estranxeiros. É membro da [[Academia Galega da Língua Portuguesa]].
 
Colaborou con artigos en xornais como [[El Progreso (xornal)|El Progreso]] e [[La Voz de Galicia]], e ten participado en xornadas de ensino e congresos.
 
== Obra ==
=== Ensaio ===
* ''Ben pode [[Mondoñedo]] desde agora. A eséncia popular na obra e na língua de [[Manuel Leiras Pulpeiro]]'', [[1998]], [[Fundación Caixa Galicia]].
* ''A costeira'', [[2006]], [[Xunta de Galicia]].
* ''Cautivério de Fingoi: os anos lugueses ([[1950]]-[[1965]]) de D. [[Ricardo Carvalho Calero]]'', [[2010]], [[Deputación de Lugo]].
* ''Con textículos (recopilación de 77 artigos publicados despois do ano [[2000]])'', 2010, Deputación de Lugo.
* ''O Tesouro do Monte'', [[2014]], [[Academia Galega da Língua Portuguesa]].
 
=== Edicións ===
* ''Poesía galega completa'', de Manuel Leiras Pulpeiro, [[1984]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
* ''Trebón'', de [[Armando Cotarelo Valledor]], 1984, [[AGAL]].
 
=== Obras colectivas ===
* ''Os escritores lugueses arredor de [[Ánxel Fole|Fole]]'', [[1986]], [[Concello de Lugo]].
* ''Congresso [[Álvaro Cunqueiro]]: actas. Mondonhedo, 19, 20, e 21 de Abril de [[1991]]'', [[1993]], AGAL/Deputación de Lugo.
 
== Premios ==
* Gañador do XII Premio literario ''Ánxel Fole'' no 1998, por ''Ben pode Mondoñedo desde agora''.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galegos.info/gl/ramon-reimunde-norena Ficha do autor en ''Galegos'']
* [http://academiagalega.org/membros-numerarios/ramom-reimunde-norenha.html Ficha do autor na Academia Galega da Língua Portuguesa]
 
{{ORDENAR:Reimunde Norenha, Ramon}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]