Joaquim Ventura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Joaquim Ventura Ruiz''', nado en [[Barcelona]] o [[7 de xullo]] de [[1954]], é escritor en catalán e en galego.
 
== Traxectoria ==
Actualmente reside en [[Premià de Mar]] ([[Provincia de Barcelona|Barcelona]]). Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa pola [[Universitat de Barcelona]] [[1993]] e doutor en Filoloxía Románica pola mesma universidade [[1997]], coa tese ''El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat duna generació'', que obtivo a cualificación de apto cum laude por unanimidade. Gañou o Premio Letras Galegas da [[Universidade de Santiago de Compostela]] nas edicións de [[1992]] e [[1993]].
 
Liña 8:
Alén de investigador da literatura galega tanto da súa época medieval como da contemporánea, con máis de trinta traballos, tamén é tradutor ao catalán de autores galegos como [[Eduardo Blanco Amor]], [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Fermín Bouza-Brey]]. Colaborou no proxecto da Enciclopedia Galega de Hércules Edicións co capítulo da narrativa entre [[1916]] e [[1936]].
 
== Obra en galego ==
=== Ensaio ===
* ''O nacionalismo kármico de Vicente Risco'', [[2000]], [[Laiovento]].
 
=== Edición ===
* ''Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Grial'', de [[Vicente Risco]], [[1997]], [[Xunta de Galicia]].
* ''Epistolario de Vicente Risco a [[Antón Losada Diéguez]]'', [[2010]], [[Deputación de Ourense]].
 
=== Obra colectiva ===
* ''A Coruña á luz das letras'', [[2008]], Trifolium.
* ''En defensa do poleiro'', 2010, [[Toxosoutos]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor292 Ficha do autor] na [[AELG]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Barcelona]]