Uxío Carré Alvarellos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Uxío Carré Alvarellos''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[5 de setembro]] de [[1885]] e finado o [[18 de setembro]] de [[1967]] na mesma cidade, foi un escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Foi o segundo dos once fillos de [[Uxío Carré Aldao]]. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado académico non numerario da [[Real Academia Galega]]. O [[20 de abril]] de [[1919]], publicou en "¡Terra a Nosa!" (suplemento literario do diario coruñés ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'') un conxunto de poemas titulado xenericamente ''Da raza''. En 1921 publicou ''A tentación'' e ''Macías o Namorado''. En 1954 e 1964 publicou en [[Buenos Aires]] ''Escolma de poesías'' e ''arelas''.
 
Escribiu co seu irmán [[Leandro Carré Alvarellos|Leandro]] unha biografía de [[Galo Salinas]] premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas (''O milagre'', ''Volverá'', ''Un episodio en la retaguardia''), ademais dunha serie de diálogos reunidos baixo o título común ''Críticas e pasatempos''.
 
Casou en novembro de 1914 con Margarida Naya Silva. O seu fillo máis vello, [[Uxío Carré Naya]], foi asasinado durante a represión que seguiu á [[sublevación do 18 de xullo de 1936]].
 
== Obra ==
* ''Da raza'', 1919 (versos)
* ''Macías, o namorado'', 1921 (teatro)
* ''Tentación'', 1921 (teatro)
* ''Escolma de poesías'', 1954 (versos)
* ''Desalento: Monólogo curto'', 1960 (teatro)
* ''A miña viaxe a Grañas de Sor'', 1993 (póstumo, inclúe o poemario ''Arela'' e as novelas ''O milagre'' e ''Volverá'')
 
{{ORDENAR:Carre Alvarellos, Uxio}}
<!--Categorías ocultas-->
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
Liña 23 ⟶ 26:
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Nados en 1885]]
 
<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]